DEPORTES
Éxito participativo e organizativo do CX Cidade de Pontevedra 2023
Tanto as probas internacionais matinais como as citas cadete e máster vespertinas contaron cun gran ambiente de ciclocrós na Illa das Esculturas, notable afluencia de público e case 500 deportistas de todas as idades tanto nas mangas masculina como a feminina. A antesala do Campionato de Europa de CX que se disputará en 2024 augura un espectacular desenvolvemento en Pontevedra.
Ás 9:00 horas deu comezo a carreira júnior masculina e xa desde a saída tomou o mando Hodei Muñoz (Alimco Campagnolo) sempre con David Ivars (Grupeta da Safor) á súa roda moi atento. Aos poucos fóronse soltando dun trío formado por Asier Beraza (Bertako Igogailuak - Spiuk), Canor Arboleya (Unicaja - Gijón) e Unax Galán (Seguros Bilbao Miribilla) que loitaban pola terceira praza. A falta de dúas voltas formouse un trío na cabeza con Hodei Muñoz, Unax Galán e un dos franceses tras un cambio de ritmo. Xa na volta final o francés sufriu unha picada descartándoo na pelexa e tras os taboleiros Hodei Muñoz soltou o seu ataque definitivo para lograr o triunfo e o liderado da Copa de España.
A proba feminina arrincou similar á primeira rolda da Copa de España co dúo do XSM Santomé de Piñeiro, Marta Estévez e Lorena Patiño, e Aroa Otero (Supermercados Froiz) ás que se uniu nas primeiras voltas Irati Aranguren (Andoaingo T.E.). Xa na penúltima volta a marinense Lorena Patiño, soltou o ataque definitivo tomando a cabeza da proba e só a porriñesa Aroa Otero puido seguir o ritmo da campioa de España cadete uns metros por detrás. A loita pola terceira praza estivo máis axustada e finalmente levou o gato ao auga a francesa Lison Desprez.
Elite-Sub23
Ás 12:00 chegou a quenda da proba elite e sub-23 feminina na que revivimos a carreira do ano pasado coa dupla do Nesta-MMR formada por Lucía González e Sofía Rodríguez dominando a carreira xunto á belga Laura Verdonschot. Xa nas dúas voltas finais a valenciana descolgouse da cabeza e a pesar dos intentos da campioa de España todo se definiu na mesma liña de meta onde Laura Vedonschot repetiu o triunfo logrado a fin de semana pasada. Julie Brouwers fíxose coa vitoria sub-23 mentres que o liderado da Copa sub-23 acadouno a porriñesa Laura Mira (Farto BTC).
Para completar as probas da mañá disputouse a carreira elite-sub-23 masculina na que debutaba o campión de España Felipe Orts (Burgos - BH) e saíu con moitas ganas o valenciano marcando un forte ritmo desde o inicio e logrando unha vantaxe destacable nas primeiras tres voltas. Tras el, o líder da Copa de España Kevin Suárez (Nesta - MMR) tentaba non quedar demasiado atrasado e aos poucos foi recuperando para soltar o seu ataque a tres voltas para o final e superar ao de Villajoyosa e lograr así o seu segundo triunfo da tempada tras o logrado en Gijón e así afianzarse no liderado da Copa de España. O triunfo sub-23 levouno o ponteareán Miguel Rodríguez (Supermercados Froiz) e Alain Suárez (Nesta -MMR), irmán de Kevin, asaltou o liderado da Copa de España.
Ademais, a proba inclusiva contou con tándem, bicicletas convencionais e unha ocasión para que todos puidesen formar parte deste CX Cidade de Pontevedra.
Sesión de tarde
A sesión vespertina arrincou coa disputa da manga cadete, a máis numerosa e nela volveu a mostrar a súa superioridade Benjamín Noval (MMR Academy) que como sucedeu a pasada fin de semana en Gijón logrou o triunfo, aínda que nesta ocasión un pouco máis axustado ante o seu compañeiro Martín Fernández. Completou o podio Lucas Lozano do XSM que finalizou a 20 segundos do fillo do ex ciclista profesional. Entre as cadetes, tamén repetiu triundo a campioa de Castela e León Lida Castro (Rio Miera - Meruelo) que estivo acompañada no podio por Alejandra Neira (Cambre) e María Ivars (Bernia Xalo).
Despois arrincou a manga máster 30, 50 e 60 e máster mulleres, e como é habitual deixounos grandes momentos de emoción. A carreira máis igualada foi a de máster 30 e como xa sucedeu en Gijón a vitoria ao esprint foi para Iñaki Carro (SCBikers) que nesta ocasión impúxose no último golpe de ril a Miguel Llaneza (Canyonbikes). En máster 50 tamén repetiu triunfo José Luis Rebollo (Bikery) que se impuxo a José Manuel Comesaña (Monteferro). Entre os maiores da manga Aitor Zabaleta (Telleriarteko) fíxose coa vitoria en máster 60, repetindo tamén a lograda a pasada fin de semana en Xixón.
Entre as mulleres, a campioa de España máster 40, Marina González (Illas Cíes), dominou de principio a fin, logrando un cómodo triunfo con case un minuto de vantaxe sobre Ruth Moll que se impuxo en máster 50, mentres que Cintia Rodríguez (Mitto X-Salgueiro) fíxose co triunfo en máster 30.
A competición completouse coa disputa da sempre multitudinaria manga máster 40 e nela volvemos ver alzar os brazos a Isaac Suárez (Nesta) como xa sucedeu o ano pasado. O campión de España impúxose de principio a fin nunha carreira na que soubo manter o ritmo para lograr entrar en meta con case 20 segundos sobre Javier Cabanes (Grupeta da Safor) e 25" sobre o portugués Rogerio Matos (Rompe Trilhos).
Na entrega dos premios de diferentes mangas estiveron Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra; Rafael Domínguez, vicepresidente da Deputación de Pontevedra; Daniel Benavides, Xefe de Servizo na provincia de Pontevedra da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia; Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Ciclismo Galego e David Carrillo, secretario da Federación Ciclismo Galego.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58