Viernes, 10 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 09 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Contratada a obra de renovación da cuberta do Pavillón de Sanguiñeda

O orzamento da mellora ascende a preto de 50.000 euros

A alcaldesa Nidia Arévalo coa concelleira de Educación, Julia Loureiro, no Pavillón de Sanguiñeda-A alcaldesa Nidia Arévalo coa concelleira de Educación, Julia Loureiro, no Pavillón de Sanguiñeda-

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Contratación, Leo Costas, informaron hoxe de que xa se atopa rematado o procedemento de contratación da empresa adxudicataria da obra de renovación da cuberta do Pavillón de Sanguiñeda. Unha vez contratada a empresa construtora, esta comezará os traballos dun xeito inminente, quedando a reforma rematada no prazo estimado dun mes.

 

O pasado setembro aprobábase por unanimidade dos membros do Pleno do Concello de Mos, durante unha sesión extraordinaria convocada no salón de sesións da Casa Consistorial, a transferencia de créditos do orzamento municipal para destinalos a estas melloras deportivas. 

 

Realizarase un investimento de preto de 61.000 euros en melloras de dotacións deportivas, concretamente 60.825,92 euros; dos cales 48.325,92 euros destinaranse á reforma da cuberta do Pavillón de Sanguiñeda e 12.500 euros a adquisición de material deportivo.

 

Arévalo, rexedora local mosense, explicou que a actividade no Pavillón de Sanguiñeda quedará interrompida para poder levar a cabo a obra, que quedará rematada este ano. A reforma da cuberta deste pavillón era moi necesaria e suporá unha importante mellora para os usuarios do mesmo, entre eles o alumnado e comunidade educativa do CEIP Mestre Valverde Mayo.

 

Os traballos a realizar solucionarán as humidades existentes mediante a actuación na cuberta exterior, con deterioro do seu estado de conservación dada a súa antigüidade.

 

En canto á adquisición de material deportivo, a edil de Deportes, Feli Rodríguez, informou de que incluirá sendos marcadores para os campos de fútbol municipais das Baloutas e Cototorrón, así como elementos para exercizos para o ximnasio e a piscina do Pavillón Óscar Pereiro e para o propio Pavillón de Sanguiñeda.

 

Dos 48.325,92 euros que se investirán na cuberta de Sanguiñeda, 38.660,73 euros financiaranse graza a subvebción da Xunta de Galicia e o Concello asumirá os 9.665,19 euros restantes. Por outra banda dos 12.500 euros destinados a material deportivo, adquirirase con subvención autonómica material por importe de 10.000 euros e o Concello aportará 2.500 euros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.215

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.