GALICIA
O altofalante que defende os dereitos das persoas con discapacidade
COGAMI conta con 58 entidades membro que suman máis de 12.596 persoas asociadas, das que o 53,58% son mulleres
A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) continúa coa campaña de sensibilización lanzada este ano baixo o lema #SomosCOGAMI para visibilizar aquelas situacións, condutas e necesidades coas que conviven as persoas con discapacidade e familias.
No mes de outubro pon en valor o movemento asociativo da discapacidade e o labor que desempeñan as entidades sociais, o traballo que desenvolven e os servizos que prestan co fin de favorecer a autonomía das persoas que representan e, en definitiva, mellorar a súa calidade de vida. “As entidades achegan unha importante rede de apoios que dá resposta ás necesidades das persoas con discapacidade. Sen estes apoios, os nosos proxectos de vida non serían posibles, polo que reclamamos a revisión do modelo de financiamento que garanta a súa sostibilidade”, apunta Anxo Queiruga, presidente de COGAMI.
COGAMI é unha das entidades máis representativas das persoas con discapacidade en Galicia. Arestora, baixo o seu paraugas contabiliza 58 entidades membro, das que 6 son autonómicas, 4 provinciais e o resto comarcais. Todas estas asociacións son referentes na atención de persoas con discapacidade física e orgánica, sendo 41 as entidades que representan o ámbito sociosanitario. Todas estas entidades contabilizan un volume de 12.596 persoas asociadas, case o 54% mulleres.
Para Laureano Caamaño, coordinador da área do Fortalecemento do Movemento Asociativo de COGAMI (FMA), formar parte dunha asociación “é a maneira de defender dereitos, xerar oportunidades, potenciar servizos, compartir necesidades e sensibilizar á sociedade”. Crear grupo, facer unión, permitiu visibilizar as problemáticas coas que convivían moitas persoas, como o illamento, a exclusión social e a invisibilidade dentro da propia comunidade.
O movemento asociativo pasou de ser reivindicativo, fundamentalmente, a ofrecer unha prestación de servizos para mellorar a situación das persoas, intentando ofrecer solucións ás necesidades que presentaban como: información, asesoramento, sensibilización, formación para o emprego, orientación laboral, xestión de recursos, accesibilidade, actividades lúdicas e deportivas, centros de día e ocupacionais con terapias de mellora da autonomía persoal, programas de respiro, vivendas tuteladas e tamén creación de emprego en iniciativas empresariais de economía social. Todos estes son servizos que presta tanto COGAMI como as súas entidades membro, chegando a beneficiarse destes algo máis de 22.400 persoas cada ano.
Para poder prestar estes servizos de proximidade, as entidades precisan contratar a profesionais, como as máis de 300 persoas que traballan nos diferentes centros e entidades do movemento asociativo COGAMI. Outro dato: a maioría das entidades están situadas en ámbito rural, propiciando a creación de servizos e consolidando oportunidades de emprego nestas zonas, unha medida que favorece ás persoas que viven en concellos con menos oportunidades que nas cidades e que loita contra o despoboamento.
“De non existir as entidades, non existiría un altofalante que defende ás persoas con discapacidade”, expresa Nano Caamaño, quen engade que “non debemos esquecer que moitas das necesidades das persoas con discapacidade estarían reservadas só a aquelas que dispoñen de recursos para sufragalas”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163