PROVINCIA
A Deputación lanza unha nova edición dos premios Sofía Novoa
Poderá optar aos galardóns o alumnado da Universidade de Vigo pertencente a calquera dos dous campus da provincia con investigacións realizadas no pasado curso. O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o próximo 23 de outubro
A Deputación de Pontevedra acaba de convocar a oitava edición dos premios Sofía Novoa Ortíz, que teñen como obxectivo fomentar, consolidar e dar a coñecer a inclusión da perspectiva de xénero nos traballos de fin de máster e de fin de grao realizados na Universidade de Vigo. En concreto, desde este mércores 11 de outubro e ata o próximo día 23, o alumnado da Universidade de Vigo pertencente aos campus de Pontevedra e de Vigo poderá presentar as súas solicitudes para optar aos galardóns, tendo ata o 30 de outubro como data límite para entregar os traballos por vía telemática.
Poderán presentarse a esta convocatoria os traballos de fin de grao ou máster realizados na Universidade de Vigo nos campus da provincia, en calquera rama de coñecemento e presentados, defendidos e aprobados durante o curso 2022-2023. Ao igual que en pasadas edicións, haberá un máximo de tres galardóns por categoría -dous premios de 1.000 € e un accésit de 600 para traballos de fin de grao e outros dous premios de 1.000 € e un accésit de 600 para traballos de fin de máster- que repartirán un total de 5.200 euros.
O alumnado interesado en participar na convocatoria deberá presentar as súas solicitudes a través da sede da Deputación (https://sede.depo.gal) ou no rexistro, se ben os traballos deberán entregarse por vía telemática para garantir o anonimato do mesmo. Estes serán avaliados por un xurado que analizará aspectos como a calidade dos traballos, a relevancia e rigor metodolóxico, a aplicabilidade práctica das súas achegas ou a novidade e orixinalidade do tema, entre outros criterios.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163