PROVINCIA
Máis de 1.200 persoas participan esta semana no programa da Deputación “En Ruta coa Depo”
Veciños de Arbo, Baiona, Covelo, A Estrada, A Lama, Lalín, Meaño, Mos, Pontevedra, O Porriño, Redondela, Soutomaior, Vigo e Vilanova de Arousa participan en 23 rutas para coñecer lugares singulares da provincia
A Deputación de Pontevedra organiza esta semana 23 saídas no marco do programa provincial “En Ruta coa Depo”, unha iniciativa que ofrece aos colectivos sociais da provincia a posibilidade de pasar un día de convivencia, ocio e tempo libre en lugares do territorio provincial. Entidades dos concellos de Arbo, Baiona, Covelo, A Estrada, A Lama, Lalín, Meaño, Mos, Pontevedra, O Porriño, Redondela, Soutomaior, Vigo e Vilanova de Arousa mobilizarán a máis de 1.200 persoas para coñecer a ría de Arousa, as illas de Tambo e Cíes, o castro de Troña en Ponteareas, ou o Museo Meirande de Redondela, entre outros espazos da provincia.
Este xoves, 12 de outubro, un total de dez entidades participarán no programa provincial. A Asociación de Veciños San Benito de Romariz (Soutomaior) xunto coa Asociación Veciñal de Consumidores e Usuarios e Cultural "Emilio Crespo" (Vigo) visitarán os pazos da Oca na Estrada e de Lourizán e Gandarón en Pontevedra. A Asociación Cultural Virxe da Luz de Casteláns (Covelo) e a Asociación de Veciños de Chapela (Redondela) uniranse a unha ruta pola Illa de Tambo e Combarro. Para a Asociación de Amas de Casa y Consumo "AGARIMO" (Vigo) está planificada unha visita polo conxunto histórico de Cuntis e Caldas de Reis. A Asociación de Mulleres Rurais Val da Louriña (Mos) visitarán os Pendellos de Agolada e diferentes puntos do concello Vila de Cruces como a Casa-Museo A Solaina de Piloño. A Asociación de Mulleres Féminas en Acción (Vilanova de Arousa) ten programada unha ruta polos muíños do Rosal e unha visita á Fortaleza de Goián en Tomiño. O itinerario pola ría de Arousa ata a Illa da Toxa e o Museo da Salga do Grove será o que realizarán os integrantes da Asociación de Veciños San Mamed de Torroso (Mos) e a Asociación de Mulleres Rurais "Os muiños" de Marcón (Pontevedra). A Asociación de Veciños San Juan de Meaño (Meaño) tamén realizará unha ruta marítima con paradas na illa de San Simón e o castelo de Soutomaior entre outros.
O sábado 14 continúan as rutas con temática mariñeira coa Asociación Mulleres en Igualdade de Donsión (Lalín) que se desprazará ata Cíes e o barrio do Berbés en Vigo. A Asociación de Veciños A Gaiola de Castro (A Estrada) visitará puntos de interese do municipio de Meis como a Ruta da Pedra e da Auga ou os Pazo de Señoráns. A Asociación Centro Cultural e Social de Bahiña (Baiona) visitará o castelo de Sobroso e o castro de Troña. Dúas asociacións de Vigo, a Asociación de Veciños As Nosas Rúas e Asociación de Veciños de San Pedro de Sardoma O Carballo, farán a ruta dos muíños e visitarán a Fortaleza de Goián no caso da primeira, e unha ruta pola ría de Arousa no caso da segunda. Os integrantes da Asociación Cultural “Os Penediños” (O Porriño) irán en barco ata a illa de San Simón ademais de visitar Ponte Sampaio e a ANPA San Martiño de Sobrán (Vilanova de Arousa) percorrerán a senda do río Lérez e o lago Castiñeiras.
No último día da semana, o domingo 15, a Asociación Cultural y Deportiva Río Xabriña de Paraños (Covelo) levará a cabo unha ruta de navegación pola ría de Arousa. Ademais outras dúas entidades de Mos, a Asociación Recreativa Cultural Guizán e o Círculo Cultural Abrente, realizarán unha ruta entre o Lérez e o Verdugo e unha visita a diferentes puntos dos concellos de Forcarei e Silleda respectivamente. Tamén saíran o domingo a Asociación Veciñal, Deportiva, Cultural e Xuvenil “Arcángel San Miguel” (Arbo), que visitará Cabo Home, a igrexa de Hío e Cabo Udra, e o Centro Social Cultural Recreativo e da Terceira Idade de San Vicente de Trasmaño (Redondela) e a Asociación de Veciños de San Bartolomé de Xesta (A Lama), visitarán diferentes puntos de Meis e Ribadumia como o mosteiro de Armenteira, o monte do Castro e a Ruta da Pedra e da Auga.
A través de “En Ruta coa Depo”, a Deputación de Pontevedra está a fomentar a participación, a convivencia e a cohesión social dos colectivos sociais da provincia a través de 33 rutas temáticas nas que, en total, este ano daranse cita preto de 20.300 persoas de case 400 asociacións. Todas as prazas do programa, que conta cun orzamento próximo aos 480.000 euros, están subvencionadas pola institución provincial. Delas, 300 prazas son financiadas ao 100% co obxectivo de achegar o programa ás persoas con dificultades económicas ou en risco de exclusión social.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163