Lunes, 17 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 13 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Segunda xornada de restauración ambiental no Río Couso

Mañá sábado continúa a actividade de limpeza e e eliminación de especies invasoras no río Couso, na segunda das tres xornadas organizadas por Verdegaia en colaboración co Concello do Porriño

Este sábado 14 de outubro continúa a actividade de restauración ambiental no río Couso. Será a segunda das tres xornadas organizadas por Verdegaia en colaboración coa Oficina de Voluntariado do Concello do Porriño.


Tal e como relatan dende a asociación ecoloxista, a primeira intervención foi un éxito de participación e de traballo. Nun ambiente de inmellorable convivencia e coa participación de algúns cativos, os 13 participantes puideron retirar unha grande cantidade de lixo na que sorprendeu a cantidade de zapatos e incluso un parabrisas. Tamén comezaron coa eliminación de especies invasoras como o bambú e a tintureira, algo que permitirá á vexetación autóctona desenvolverse correctamente.


Aínda queda moito lixo e moitas invasoras para retirar ata conseguir restaurar o río Couso, polo que vos animamos a que vos sumedes este sábado na segunda xornada.


Programación
A actividade de limpeza e eliminación de especias invasoras no río couso consta de tres xornadas, todas elas en horario de 11 a 13 h, os sábados 30 de setembro, 14 de outubro e 28 de outubro. Nelas, despois dunha breve charla explicando os obxectivos da actividade, repartiranse luvas e ferramentas entre os participantes. Non é imprescindible pero se podedes levade botas de auga.


A participación é gratuíta pero é necesaria a inscrición previa en vigo@verdegaia.org ou no 691657039.
O punto de encontro será na rúa Leandro Diz, 5 (ao lado do paso inferior da vía do tren).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.