Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 16 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Fabiola García destaca en Ponteareas o impulso á escolarización de 0 a 3 anos en Galicia

A conselleira de Política Social e Xuventude visitou recentemente a escola infantil municipal de Ponteareas, acompañada da alcaldesa do concello, Nava Castro

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, destacou o impulso á escolarización de 0 a 3 anos en Galicia, con medidas como a gratuidade desta etapa educativa ou as axudas a Concellos para a construción ou ampliación de escolas infantís. Fabiola García visitaba recentemente a escola infantil municipal de Ponteareas, acompañada da alcaldesa Nava Castro, onde lembrou que Galicia rexistra a mellor taxa de escolarización 0-3 anos de toda España.

 

Durante esta visita, a conselleira coñeceu a proposta da alcaldesa de Ponteareas de acollerse ás axudas que ten en marcha a Xunta para construír ou ampliar escolas infantís ou Puntos de Atención á Infancia (PAI) de titularidade municipal. O obxectivo do concello de Ponteareas é dotarse de máis prazas de 0 a 3 anos para ofrecer ás familias do municipio máis facilidades de conciliación.

 

Esta nova convocatoria de axudas para o impulso do primeiro ciclo de educación infantil está dotada dun orzamento de 34 millóns de euros. Esta liña de subvencións enmárcase no Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea ao abeiro do programa NextGenerationEU.

 

Galicia referente no apoio ás familias
Fabiola García subliñou que Galicia sitúase hoxe á vangarda no apoio ás familias e á conciliación. Neste sentido, apuntou que a nosa comunidade segue sendo a única que garante aos pais a atención educativa de 0 a 3 anos gratuíta aos seus fillos oito horas ao día e durante once meses ao ano en todas as escolas infantís. Unha medida na que o Executivo autonómico inviste 55 millóns de euros de fondos propios para que máis de 31.000 familias leven aos seus nenos ao centro que elixan e aforren 2.000 euros ao ano.

 

Outras medidas de apoio ás familias que ten en marcha o Executivo autonómico son a Tarxeta benvida, axuda directa de entre 1.200 e 3.000 euros que reciben os pais cando teñen un fillo; o centenar de casas niño creadas no rural, que supoñen un recurso de conciliación en concellos onde antes non existía; ou o reforzo do Bono Coidado Familia, para que os pais poidan contratar un servizo extraordinario de conciliación cando o necesitan.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.