Martes, 07 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 16 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
Mos

Mos ensina Reanimación Cardiopulmonar nas aulas

Persoal médico da UCI do Álvaro Cunqueiro impartiu hoxe sesións de Reanimación Cardiopulmonar ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP Atín-Cela

O 16 de outubro celébrase o Día Mundial da Reanimación Cardiopulmonar (RCP), para divulgar a importancia de aplicar a técnica de reanimación cardiopulmonar para salvar vidas, en caso de ocorrer unha emerxencia.

 

Desde o Concello de Mos conmemorouse no CEIP Atín-Cela grazas á colaboración dos profesionais de Medicina Intensiva (UCI) do Hospital Álvaro Cunqueiro.

 

Cris, a médico, e as enfermeiras Isa, Romina e Aisha, foron as profesionais do Servizo Galego de Saúde que asistiron a impartir a sesión ao alumnado de 5º e 6º de Primaria do colexio de Atín-Cela e que foron acompañadas pola concelleira de Educación mosense, Julia Loureiro.

 

A edil declarou a este respecto que “consideramos necesario que o alumnado dos cursos superiores de Primaria saiba como actuar ante unha emerxencia a fin de crear conciencia sobre a importancia na reanimación cardio pulmonar para salvar vidas, de ahí a organización desta iniciativa levada a cabo da man do Sergas”. Explicou Loureiro, quen insistiu en que “con esta actividade o que se busca é concienciar aos cativos do importante que é actuar ante unha situación así,  e de informalos de que maneira poden axudar ante unha emerxencia”.

 

Reanimación Cardio Pulmonar ou Respiratoria (RCP) consiste na aplicación de técnicas ou manobras manuais de primeiros auxilios básicos ante un ataque cardíaco, para reanimar a respiración e os latexos do corazón ata que a persoa afectada poida recibir atención médica de emerxencia. 

 

A actividade realizada esta mañá no colexio de Atín-Cela constou dunha parte teórica e tamén de talleres para poñer en práctica as técnicas de reanimación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.