NIGRAN
O Concello deNigrán outorga unha subvención directa de 6.000 € ao 'Acroclub Nigrán' de ximnasia acrobática
A achega permitirá que poidan asistir a máis competicións europeas e ampliar esta disciplina a máis centros educativos
O Concello de Nigrán outorgará unha subvención directa de 6.000 € ao 'Acroclub Nigrán' de Ximnasia Acrobática que lle permitirá asistir a máis competicións internacionais e ampliar este deporte a máis crianzas como actividade extraescolar. A entidade, nacida no 2016 e que emprega como sede o CEIP Humberto Juanes, está conformada por 46 ximnastas que participan en certames autonómicos, nacionais e internacionais e preto de outras tantas que practican esta disciplina como actividades extraescolar no mencionado colexio ou o de Mallón.
“Levan o nome de Nigrán por toda Europa e son ximastas moi novas, veciñas do municipio, auténticas deportistas de elite”, subliña o rexedor, quen louba o bo traballo da dirección técnica e particularmente do seu adestrador, Aaron Castro, tras obter no pasado campionato de España dous ouros por parellas (infantil e cadete base). A aposta do Concello por este deporte é absoluta dado o gran interese que desperta entre a mocidade desde que primeiro se establecera como actividade extraescolar e logo se consolidase xa como clube, colaborando nos seus inicios coa adquisición do tatami de competición de 200 metros cadrados por importe de 14.700 € para poder adestrar no colexio e, máis recentemente, cunha polea deportiva de 2.500 €.
A ximnasia acrobática, tamén coñecida como acrosport, é unha modalidade deportiva incluída na Federación Internacional de Deportes Acrobáticos (fundada en 1973) e forma parte da Federación Internacional de Ximnasia desde 1999. É unha disciplina na que existen distintas modalidades. O exercicio debe conter elementos acrobáticos e ximnásticos de flexibilidade, equilibrio, saltos e xiros, así como movementos en cooperación entre os compoñentes do grupo realizando figuras e pirámides corporais. En todo momento debe existir harmonía e coordinación nas accións realizadas polo grupo. Valórase a dificultade, a técnica e a dimensión artística.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163