Ponteareas
Nava Castro e Juan Carlos González asinan un pacto de goberno
Con este acordo o novo goberno sumará 12 edís. Nava Castro seguirá sendo a Alcaldesa. ACIP asumirá dúas Tenencias de Alcaldía (1ª e 3ª) e o PP unha (2ª). A xunta de goberno estará composta por 7 membros: 4 dos populares e 3 de Alternativa
O Concello de Ponteareas terá unha nova configuración interna despois do acordo alcanzado entre a Alcaldesa, Nava Castro, e o voceiro de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, Juan Carlos González. ACIP, que obtivo 4 concelleiros nas eleccións municipais do pasado 28 de maio, súmase así ao equipo de goberno dos populares que viñan exercendo en minoría, con 8 edís. Despois deste gran pacto, o novo goberno contará con 12 asentos no pleno da corporación, o que aportará estabilidade institucional e unha ampla maioría absoluta.
Este achegamento entre o goberno local e ACIP é froito de distintas conversas e reunións de traballo durante as últimas datas. Nava Castro sempre tendeu a man a que outras forzas se sumasen ao proxecto de futuro para Ponteareas, sendo precisamente ACIP o principal destinatario desa oferta, xa que a aritmética política confería a suma da maioría absoluta no pleno. Agora, superados os primeiros 100 días de goberno, Juan Carlos González e o resto do seu grupo pasan a formar parte, por pleno dereito, do goberno municipal ponteareán.
Ambos líderes asinaron un documento no que se establecen os detalles deste acordo. Os puntos máis salientables son que a Alcaldía seguirá en mans de Nava Castro. Haberá 3 tenencias de Alcaldía, dúas delas para ACIP (1ª e 3ª) e unha máis para o PP (2ª). A xunta de goberno local estará composta por 7 membros: 4 dos populares e 3 de Alternativa Ciudadana de Ponteareas.
En total, con esta reconfiguración do equipo de goberno, estableceranse 14 concellerías: 8 para os populares e 6 para os membros de ACIP. Tal e como se recolle no documento asinado, todas as concellarías contarán con autonomía de goberno e orzamento propio para poder exercer as correspondentes labores de goberno.
A nova organización municipal por áreas queda da seguinte maneira:
Áreas dirixidas polos populares:
- Concellería de Medio Ambiente, Urbanismo, Axenda 2030, Emprendemento, Innovación e Desenvolvemento Empresarial
- Concellería de Benestar Social, Igualdade, Saúde, Consumo e Colectivos LGTBIQ+
- Concellería de Comercio, Ensino e Letras nas aulas
- Concellería de Facenda, Réxime interior, Proximidade cidadá, Recursos Humanos, Modernización Tecnolóxica e Comunicación Institucional,
- Concellería de Residuos Sólidos Urbanos, e Limpeza Viaria
- Concellería de Xuventude e Voluntariado
- Concellería de Desbroces, Parques e Xardíns
Áreas dirixidas por ACIP:
-Vías e Obras (inclúe Iluminación e Cemiterios)
-Mobilidade, Seguridade, Bombeiros e Protección Civil( inclúe Venda ambulante, Sancións, Autorizacións de eventos, Vados).
-Infraestruturas Xerais, Saneamento e Augas (inclúe Obras).
-Deportes
-Turismo
-Cultura (inclúe Eventos e Festas)
En canto ás dedicacións exclusivas, os termos do acordo recollen que o PP terá a Alcaldía, 3 adicacións completas e unha parcial, e ACIP, unha completa e 3 parciais, puidendo ser unha delas para persoal de confianza.
Os proxectos
Dentro das negociacións para a conformación dun novo goberno municipal, as formacións promotoras do acordo consensuaron ata 20 grandes proxectos para o municipio. Este paquete de medidas implicará, de xeito transversal, ás diferentes áreas do goberno e reportará melloras á cidadanía en áreas como infraestruturas, saneamento, parroquias, deportes, iluminación e emprego, entre moitas outras.
Ademais, con este acordo garántese que Ponteareas poida ter, de cara ao próximo exercicio económico, uns orzamentos “que prioricen as demandas reais dos veciños”, tal e como se reflicte no documento do acordo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149