PROVINCIA
Luis López destaca o Plan +Provincia como ferramenta para estimular o crecemento económico
O presidente da Deputación de Pontevedra remarca a importancia deste tipo de foros que “poñen o foco na necesidade de recoñecer o importante valor que desempeñan as mulleres na dirección das empresas máis importantes do noso territorio”
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destacou a importancia do programa +Provincia como unha ferramenta para estimular o crecemento económico da provincia a través dos investimentos do sector público. O mandatario provincial foi o encargado de pechar a terceira edición do Foro Empresarial pola Igualdade, que organiza a Confederación de Empresarios de Pontevedra na súa sede de Vigo, cun discurso no que asegura que a máis grande cidade de Galicia e as súas empresas “son o pulmón industrial de Galicia”.
Diante das responsables das empresas máis puxantes do territorio, Luis López quixo remarcar a implicación da Deputación no apoio ao desenvolvemento económico da provincia. Malia ser un organismo que carece de competencias específicas en materia de industria, sostén o dirixente do ente provincial que “estamos a dar pasos inéditos no apoio á transformación da nosa provincia en liña coa dixitalización, a sustentabilidade ou a mellora dos espazos urbanos”. Para iso, puxo como exemplo o convenio para a dixitalización de 50 concellos de menos de 20.000 habitantes, a modificación das bases do programa PON2030 para deixar de penalizar aos concellos que recibían fondos da Xunta ou o Estado ou a mobilización de 18 millóns de euros, dos que 12 millóns foron inxectados directamente nas arcas dos concellos, nos primeiros cen días de mandato.
Pero a principal ferramenta para dinamizar a economía provincial á que se referiu o presidente da Deputación foi o recentemente presentado programa +Provincia. Un plan dotado con 48,2 millóns de euros, a cifra máis alta da historia que a Deputación pon a disposición dos concellos. Neste sentido, López fixo especial mención á novidosa cuarta liña do programa, pensada para promover a redacción de proxectos de futuro que “mellorarán a calidade de vida da veciñanza, dinamizarán a actividade das nosas empresas e fortalecerán os lazos e a colaboración entre o sector público e o privado”
“Temos un compromiso rotundo coa economía desde o municipalismo”, aseverou o dirixente provincial citando outras iniciativas como o convenio coa Axencia Tributaria Galega para ser máis eficiente na recadación fiscal dos concellos, os 4 millóns de euros destinados a remodelar infraestruturas deportivas ou o apoio con 2 millóns de euros ao tecido asociativo, que inclúe unha liña específica para as comunidades de regantes a través do plan +Aqua para unha axeitada xestión deste recurso.
Tamén quixo destacar o presidente o papel da CEP e a organización de eventos “de tanto calado” como este Foro Empresarial pola Igualdade. Luis López subliñou a relevancia deste tipo de actos porque “poñen o foco na igualdade e na necesidade de recoñecer e dar visibilidade ao importante papel que desempeñan as mulleres na dirección das empresas e proxectos máis importantes do noso territorio, poñen o foco na necesidade de apostar e traballar na dixitalización da nosa actividade económica como aliada da equidade entre mulleres e homes pero tamén como garantía para manter unha economía competitiva e porque poñen o foco na fortaleza das nosas empresas”.
Foi no momento de falar da puxanza do tecido empresarial da provincia cando o presidente recoñeceu que “se falamos de fortaleza é unha obriga falar de Vigo e falar da Confederación de Empresarios de Pontevedra”.
“Tede por seguro que a Deputación vai ser sempre un socio estratéxico, leal e fiel da CEP e de todo o tecido empresarial e económico da provincia”, concluíu Luis López cun compromiso compartido tamén pola vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, que participou na apertura desta xornada.
FERNÁNDEZ-TAPIAS: “TER MULLERES DIRECTIVAS É CRUCIAL”
A representante do goberno provincial valorou este foro que “cada ano suma novas referentes para impulsar o debate sobre a situación da muller na empresa e que, por suposto, vai consolidándose pola implicación da CEP nunha cuestión tan crucial para a sociedade como é ter mulleres en postos directivos”.
Neste sentido, quixo felicitar aos organizadores deste foro por seguir avanzando cara a plena igualdade entre mulleres e homes. Unha meta para a que “aínda queda moito por facer”. Fernández-Tapias tamén resaltou a transcendencia dos asuntos tratados nas tres mesas redondas que deron forma a esta terceira edición do foro e a traxectoria de todas as relatoras. “Expertas que falan dos ámbitos no que son protagonistas, como a tecnoloxía, a creatividade, a dixitalización ou o liderado”, subliñou poñéndoas como exemplo para animar ás estudantes a elixir carreiras da rama STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería ou Matemáticas).
“Só dúas de cada dez mulleres decántanse por estas carreiras, que son as que hoxe marcan o ritmo do crecemento”, reflexionou a vicepresidenta facendo alusión ao compromiso do goberno provincial de aplicar políticas de igualdade eficientes para “darlle a volta esta tendencia”, rematou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163