Martes, 18 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 22 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Escola Municipal de Música abre o prazo para formalizar matrícula

As clases darán comezo o xoves 26 de outubro nas instalacións do Centro Cívico

A Escola Municipal de Música do Porriño comezará este curso o día 26 de outubro nas súas instalación do Centro Cívico e abre o prazo de matriculación .


Desde o luns 23 ao mércores 25 de outubro poderán formalizarse as matrículas e reservas dos horarios nas instalacións da Escola no Centro Cívico, a partir das 16 h. Os días 23 e 24 están destinados ao antigo alumnado con preinscrición e o día 25 para o novo alumnado con preinscrición.


As listaxes co nome, día e hora dos alumnos e alumnas preinscritos expoñerase na porta do Centro Cultural Municipal e da Escola Municipal de Música dende o venres día 20.


O alumnado sen preinscrición poderá matricularse a partir das 19 h do mércores 25, sempre e cando queden prazas disponibles.


A Escola Municipal de Música do Porriño oferta: música e movemento para nenos dende os 4 anos, linguaxe musical para todas as idades e especialidades instrumentais de violín, viola, violoncello, óboe, frauta traveseira, clarinete, saxofón, fagot, trompa, trompeta, trombón, bombardino, tuba, gaita, canto, piano, guitarra, percusión e percusión tradicional. Así tamén, conta con diversas agrupacións como a coral infantil, coral polifónica, grupo de música tradicional, orquestra de corda, banda; e, desde este ano, tamén se impartirá banda infantil.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.