Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 18:19:43 horas

Xornal21.es
Viernes, 20 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Apoio aos 61 concellos da provincia como denominador común da Deputación e a UNED na inauguración do novo curso

O mandatario provincial, que exerce tamén o cargo de presidente do Consorcio Universitario do Centro Asociado da UNED en Pontevedra, recalca o apoio da Deputación ás iniciativas que sirvan para mellorar a educación e o benestar da veciñanza

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destacou a excelencia educativa que leva ofrecendo o Centro Asociado da UNED en Pontevedra durante medio século na provincia, así como a rede de aulas que ten repartidas por todo o territorio para levar achegar unha formación de calidade a todas as comarcas. Unha atención aos 61 concellos da provincia que é un denominador común coa Deputación, destacou o mandatario provincial, que exerce tamén o cargo de presidente do Consorcio Universitario que rexe este centro e foi un dos encargados de pronunciar un discurso no acto oficial de inauguración do curso académico 2023/2024, que tivo lugar este venres na sede da UNED en Monte Porreiro, en Pontevedra.

 

“Na sede da UNED en Pontevedra impártense titulacións moi demandadas polos estudantes pero tamén polo mercado laboral. A UNED ensinounos que para aprender non hai distancias”, afirmou o dirixente, quen tamén destacou a calidade das instalación deste centro e a variada oferta educativa, composta por 30 grados universitarios, 80 mestrados e preto de 30.000 cursos de extensión universitaria. “Este centro vive instalado na excelencia educativa”, asegurou López.

 

Mais é a presenza da UNED en case todas as comarcas da provincia o aspecto que quixo destacar o presidente. “A atención igualitaria aos 61 concellos da provincia é unha máxima para esta Deputación e alégrame saber que é unha filosofía compartida tamén pola dirección da UNED”, dixo sobre a rede de aulas que este organismo ten abertas en Vigo, Portas, Lalín, O Porriño e Tui. Unhas aulas que “levan a oferta formativa a todos os recunchos do noso territorio”, agradeceu.

 

Nun acto no que compartiu escenario co reitor de UNED, Ricardo Mairal; o director do centro de Pontevedra, Víctor González, o doutor Mariano Barbacid e outros representantes do tecido institucional e empresarial da provincia; Luis López felicitou á UNED e aos seus responsables polo cumprimento neste ano 2023 de cincuenta anos de actividade na provincia.

 

“Coa excelencia no servizo á sociedade da nosa provincia o medio século de historia que estamos a celebrar este ano ten o futuro garantido”, augurou o mandatario provincial, quen mantén tendida a man da Deputación para colaborar coa UNED. “Tede por seguro que a Deputación  vai estar ao voso carón, ao carón dos estudantes e ao carón de todo o conxunto da cidadanía da provincia traballando polo seu benestar, rematou Luis López.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.