O PORRIÑO
O BNG pide pun regulamento de Participación Cidadá
O Bloque defende abrir o proceso máis alá dos grupos políticos para garantir a participación do asociacionismo e da cidadanía en xeral.
O BNG do Porriño está a presionar para que se leven a cabo negociacións co fin de aprobar un regulamento de participación cidadá no concello. O grupo municipal nacionalista rexistrou unha moción na que solicita a convocatoria da comisión encargada da redacción deste regulamento, con vistas a garantir a voz e a implicación dos veciños e veciñas no proceso político local.
Míriam Martínez, concelleira do BNG, expresou a necesidade de cumprir os acordos plenarios previamente establecidos. "O Pleno, onde está representado o conxunto das veciñas e veciños, aprobou na pasada lexislatura elaborar un regulamento de participación e o goberno, a pesar de ter votado o PP a favor no seu momento, non fixo nada ao respecto," declarou Martínez. O BNG ven traballando neste tema durante un tempo e mantivo diversas reunións co asociacionismo local, e xa ten unha proposta completa de regulamento.
A proposta do BNG contempla a creación de consellos sectoriais ou parroquiais e regula a posibilidade de que a veciñanza poida presentar iniciativas nos plenos, participar na elaboración dos orzamentos ou votar en consultas populares sobre aspectos de interese local. "Un concello da dimensión do Porriño non pode permanecer alleo á necesidade de incorporar mecanismos que regulen e garantan a participación veciñal," sinalou a concelleira do Bloque.
A concelleira tamén puxo como exemplo a necesidade de crear un Consello da Cultura para coordinar toda a actividade cultural do municipio, un foro no que o tecido cultural local e as asociacións poidan debater, ter voz e participar das políticas culturais do Porriño, "máis alá do ordeno e mando actual."
O grupo municipal do BNG tamén expresou a súa preocupación pola actitude que consideran pouco democrática do alcalde, que dificulta a conciliación e o normal traballo da oposición e a participación da veciñanza. "O PP cre que o concello é da súa propiedade, como xa demostrou Alejandro Lorenzo no propio pleno da súa investidura," indicou a concelleira Míriam Martínez. Martínez defende a pertinencia da iniciativa do Bloque "ante un alcalde que confunde maioría absoluta con absolutismo" e que, na súa opinión, ten dúas caras.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155