Vigo
Os cemiterios municipais abrirán de 09,00 a 18,30 horas
Con motivo da festividade de Todos os Santos, o Concello fixa un horario ininterrompido desde o 29 de outubro ata o 1 de novembro.
Abel Caballero anunciou que entre os días 29 de outubro e 1 de novembro os cemiterios municipais de Vigo contarán cun horario, "especial", desde as 09,00 h da mañá ata as 18,30 da tarde. Con motivo da festividade de Todos os Santos, todos os cemiterios abrirán de forma ininterrompida.
Celebración do Samaín no VigoZoo
Por outra banda, o alcalde tamén deu conta da programación extraordinaria prevista en VigoZoo para o día 1 de novembro, con motivo da celebración da Festa do Samaín. Organizado especialmente para familias, aínda que tamén poderán participar todas as persoas que o desexen, a actividade, está estruturada en grupos de 25 persoas como máximo e conta con tres sesións de 90 minutos de duración. A primeira está prevista para as 12,30 da mañá e as dúas seguintes serán ás 16,00 e ás 17,30 horas da tarde.
Abel Caballero detallou que os participantes gozarán dun contacontos sobre a festa tradicional e as súas peculiaridades nas distintas zonas de Galicia. Ademais, realizarán unha visita guiada ao nocturama e ao exotarium, onde poderán contemplar especies referenciadas nesta celebración como bufos, sapos, morcegos ou arañas. O terceiro vértice das actividades é a construción dunha cabaza con pezas do xogo de Lego. A partir do día 30 o zoo de Vigo estará ambientado coas cabazas decoradas no taller convocado o domingo 29.
As reservas poden facerse a partir desde martes nas instalacións de VigoZoo ou chamando ao 986 267 783.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58