Viernes, 24 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 26 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP de Salceda esixe ao goberno que renuncie á suba do 25% no IBI e que aplique bonificacións

Os populares impulsan un pleno extraordinario, que se celebrará este xoves, para debater a súa proposta para o rural e as zonas urbanizables e lamentan que o BNG poña en risco a súa aprobación tras cambiar o sentido do seu voto nas comisión informativas

O grupo municipal do PP de Salceda de Caselas vén de esixirlle ao goberno local que renuncie de inmediato á súa proposta de subir un 25% o Imposto de Bens Inmobles (IBI) de urbana para o vindeiro ano e, paralelamente, demándalle que aplique bonificacións do 90% neste tributo para as zonas rurais e urbanizables a través dunha moción.

 

As cuestións fiscais vencelladas á Contribución van ser abordadas este xoves nun pleno extraordinario impulsado polo Partido Popular no que se debaterá a súa proposta para iniciar os trámites de modificación da ordenanza municipal para incluir bonificacións do 90% no IBI nas zonas susceptibles de aplicación destes descontos, que son as rurais e aquelas urbanizables que carecen de servizos, “polo que non se pode edificar nelas pero pagarán como naquelas nas que si se permite”.

 

“Cremos que esta rebaixa é de xustiza para os veciños e propietarios destas contornas, pero temémonos que o tripartito de facto que hai en Salceda impida a súa aplicación, xa que o BNG apoiou a nosa medida no seu momento, pero nas comisións informativas celebradas onte mudou de opinión e votou en contra da nosa moción”, lamentou o voceiro municipal, Santiago Rodríguez Davila, que agarda que “finalmente no pleno impere o sentido común e a defensa dos veciños, das familias e das economías domésticas”.

 

Ademais, os populares tamén advertiron do “novo atraco e sablazo” que o goberno local pretende perpetrar sobre os petos dos veciños cunha proposta de suba do 25% no IBI de urbana para o vindeiro ano, xa que quere subir o tipo impositivo do 0,4 ao 0,5 na ordenanza fiscal de cara ao 2024”.

 

“En sentido contrario ao que demanda o sentido común no actual contexto de elevada inflación que sofren os veciños, o goberno de Salceda pretende reiterar un atraco aos cidadáns cunha forte suba do IBI, que vén a engadirse ao catastrazo de anos anteriores e que supuxo un incremento de 400.000 euros anuais pagado inxusta e inxustificadamente polos veciños”, sinalou Davila, que amosouse esperanzado en que esta forte suba non saia adiante, xa que o BNG, alomenos inicialmente, posicionouse en contra desta medida e ambas formacións suman a maioría absoluta do pleno.

 

“O goberno local pasou cen días sen facer absolutamente nada agás preocuparse por aprobar os seus soldos, pero a verdade é que estábamos mellor nesa tesitura xa que se a súa primeira acción política é esquilmar aos veciños cunha suba do 25% do IBI e un rexeitamente absoluto ás bonificacións, era mellor que seguira tan paralizado como ata a data”, concluíu o voceiro popular.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.