Jueves, 23 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 22 de Abril de 2026 a las 21:33:57 horas

Xornal21.es
Viernes, 27 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

O PP de Tomiño solicita un Plan municipal de medidas de promoción do comercio local

Os populares veñen de presentar unha moción na que piden o establecemento de canles entre o goberno local e o sector, o deseño dunha programación que axude a atraer clientela, a habilitación dunha partida orzamentaria para campañas e a realización de actividades de cara a este vindeiro período de Nadal

O grupo municipal do PP de Tomiño vén de solicitar públicamente, a través dunha moción para o seu debate plenario, a posta en marcha dun plan municipal de medidas, eventos e actos de promoción do comercio local para favorecer o impulso da súa actividade e a súa xeración de riqueza e emprego.


Os populares reclaman que o Concello estableza canles de diálogo inmediatos, permanentes e periódicos cos comerciantes para coñecer as súas necesidades e que organice unha programación cultural, musical, lúdica e social ampla en Tomiño “e non na outra ribeira do Miño” para favorecer a este sector “como piar económico fundamental do municipio”.


Así mesmo, tamén lle piden ao goberno local que se comprometa a destinar unha partida orzamentaria para promoción e a realización de campañas periódicas durante todo o ano para colaborar co comercio de proximidade e que, neste marco e atendendo ás peticións dos comerciantes, deseñe diversas actividades para o vindeiro Nadal co obxectivo de fomentar as compras en Tomiño.


“Non podemos permitirnos que o comercio do noso concello siga perdendo forza e sufrindo peches e temos que ser proactivos para atraer xente a Tomiño e para que os propios veciños fagan aquí as súas compras, polo que cremos que chegou o momento de que o Concello se implique en axudar a este sector fundamental”, explicou a voceira, Lara Meneses, que fixo un amplo percorrido polos establecementos da localidade xunto con outros membros do grupo municipal para coñecer a súa situación e as súas necesidades para conseguir a súa reactivación.


A concelleira explicou que este sector “vese afectado indubidablemente polo auxe das grandes superficies e a globalización”, pero tamén bota en falla máis apoio por parte do Concello, “que debe posicionarse clara e activamente a favor dun ámbito que non nos podemos permitir perder porque dá valor ás nosas rúas e xera emprego e riqueza”.
 

Para a voceira popular, tras recabar a opinión e o sentir dos comerciantes, o sector “atópase afogado ante un Tomiño que cada día se atopa máis baleiro e que ten atisbos de empeorar coa chegada do inverno, coas dificultades de aparcamento e a inexistencia de actividades e dunha axeitada dinámica sociocultural”.


Por elo, e no marco dos catro acordos citados, Meneses solicita unha maior implicación ao Concello a través de distintas campañas, entre as que figuran actividades lúdicas para menos nas diferentes zonas do centro, iniciativas diferenciadores, como concertos, mostras gastronómicas ou a noite do comercio, a habilitación de incentivos concretos para atraer a xente doutros municipios, a realización de eventos de promoción do comercio e a hostalería ou o establecemento de bonos, descontos ou incentivos para consumir no comercio local.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.