SALVATERRA DE MIÑO
A Delegada da Xunta supervisa as obras de humanización da fortaleza de Salvaterra
Ana Ortiz realizou un percorrido polos traballos que o Goberno galego leva a cabo na praza da Oliva e nas rúas do recinto amurallado
A delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, visitou as obras de humanización da Fortaleza de Salvaterra que acomete o Goberno galego cun investimento de 528.000 euros. Durante o percorrido pola praza da Oliva e as rúas do recinto amurallado xunto á alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcarcel, a representante autonómica supervisou os traballos que se levan a cabo.
Segundo explicou Ana Ortiz, a actuación localizada na fortificación de San Lourenzo supón a terceira fase do proxecto de rehabilitación das murallas. Neste caso, o proxecto inclúe a repavimentación, o soterrado de redes e a revisión e dotación de novas infraestruturas urbanísticas.
Para levar a cabo este proxecto, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda aporta un financiamento do 60% do orzamento mentres que Turismo de Galicia achegará o 40% restante.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217