Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 27 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A Xunta investirá máis de 440.000 euros en carpinterías do CEIP Fermín Bouza Brey

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, asegurou que esta obra de mellora da eficiencia enerxética será un “antes e un despois” para o centro

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta semana o CEIP Fermín Bouza Brey de Ponteareas, onde a Xunta levará a cabo unha importante obra de substitución das carpinterías das ventás.

 

En concreto, a Xunta investirá máis de 440.000 euros para a instalación destas novas carpinterías de aluminio natural con rotura de ponte térmico. Ademais, as persianas serán compactas e contarán con lamas de aluminio de cor similar ao da carpintería.

 

As obras contemplan tamén a retirada das reixas metálicas existentes, o pintado das novas instalacións e a reparación dos danos superficiais que se atopen no entorno inmediato das ventás.

 

Reguera aproveitou a visita para conversar co equipo directivo do CEIP e trasladarlles o compromiso da Xunta con esta gran obra que será “un antes e un despois” para o centro.

 

A actuación está deseñada para que mellore substancialmente a eficiencia enerxética do edificio o que diminuirá o gasto eléctrico, co aforro no medio prazo que iso implica.

 

Cabe destacar que esta obra encádrase dentro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica da Xunta 2021-2024 que neste período contempla unha inversión total en toda a provincia que supera os 48 millóns de euros.

 

“A Xunta ten a súa atención posta na mellora da educación e dos centros educativos de todo o territorio. Creo que o esforzo que se está a facer en concreto na área territorial de Pontevedra é claro. O obxectivo é que os nosos mozos e mozas poidan desenvolver todas as súas capacidades nas mellores condicións posibles”, concluíu o delegado.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.