Galicia
O Grupo Socialista critica a desidia da Xunta diante da caída 'dramática' da produción marisqueira nas rías
O portavoz de Marisqueo do Grupo Socialista, Julio Torrado, lamentou a "desidia" da Consellería do Mar fronte á caída “dramática” da produción marisqueira nas rías galegas. Torrado presentou unha pregunta oral na no Pleno do Parlamento na que lle reclamou ao conselleiro que tomen medidas para acadar a rexeneración das rías galegas, diante da caída drástica da produtividade por exemplo en Arousa ou Noia.
Torrado urxiu ao goberno galego que poña en marcha un protocolo de baleirado dos encoros para evitar a mortandade provocada pola caída drástica da salinidade, que fagan as dragaxes das rías necesarias e tomen medidas de control dos depredadores que atacan ao “pouco produto que hai”. Criticou que a Consellería “nega que exista un problema, e a realidade os está inundando a vostedes”.
Neste sentido, alertou da caída drástica de produción dende o ano 2019, que en especies como a ameixa babosa reduciuse a unha terceira parte, e que está a obrigar aos mariscadores a pechar a temporada a escasos días do seu inicio. Sinalou o fracaso da xestión do goberno galego, que chegou en 2009 con 6.500 permisos de marisqueo co obxectivo de chegar aos 8.000 e 14 anos despois “estamos case na metade, con apenas 3.600".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191