Galicia
Alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e Pontevedra
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro para esta tarde no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra.
Segundo as informacións proporcionadas pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico asociado a ventos intensos comezará a partir das 18:00 horas e afectará a toda a costa da Coruña e ás Rías Baixas de Pontevedra. Agárdase vento do oeste ou suroeste con forza 7, que poderá alcanzar a forza 8 entre Ortegal e Bares, xunto con mar combinada procedente do oeste ou noroeste, con ondas de ata 7 metros. No resto do litoral galego, a alerta será de nivel amarelo, con ventos do suroeste de forza 7 e ondas de ata 5 metros.
Co obxectivo de garantir a seguridade das persoas e dos bens, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación ás autoridades locais dos concellos afectados, ás deputacións, aos servizos provinciais e ás agrupacións de voluntarios de Protección Civil, así como aos clubs náuticos, entre outros.
A Xunta recorda a importancia de manterse afastado da liña de costa, incluíndo diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén se aconsella extremar as medidas de seguridade no que concerne á realización de calquera actividade no mar e revisar os cabos e amarres das embarcacións. Para estar ao tanto da evolución da situación, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191