Vigo
Vigo rectifica a postura contra a rehabilitación de edificios para destinar a vivenda de protección
A delegada territorial da Xunta e presidenta do organismo autónomo, Ana Ortiz, destaca a rectificación do posicionamento municipal contra a rehabilitación de edificios para destinar a vivenda de protección. O consello de administración do CCV, celebrado no Edificio Redeiras do Berbés, saca adiante unha partida de 3,2 millóns de euros para continuar coa recuperación do barrio histórico vigués.
A delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ana Ortiz, presidiu onte o consello de administración do organismo autónomo no que se aprobou o Plan de Actuación, Investimentos e Financiamento (PAIF) do próximo exercicio 2024 tras dous anos bloqueado polos representantes municipais. A representate autonómica destacou a rectificación do posicionamento do Concello de Vigo que estaba a impedir a rehabilitación de edificios para destinar a vivenda de protección.
“Non houbo ningún tipo de cambio substancial respecto dos anteriores exercicios e a proposta de incluír os remanentes é, nin máis nin menos, a mecánica habitual á hora de elaborar o orzamento, a mesma á que se opuxeron durante os dos últimos anos”, sinalou a delegada territorial.
O organismo, cuxo principal obxectivo é a rehabilitación do barrio histórico de Vigo, contará cunha partida total de 1.780.065,00€. Desta cantidade máis do 87% teñen a consideración de investimento directo xa que se destinan á execución das obras de rehabilitación das vivendas propiedade do CCVV, correspondendo o resto a gastos operativos.
Ademais, a cifra de investimento pode incrementarse en 1,3 millóns de euros no caso de que se aprobase a aplicación de fondos de remanentes. O PAIF 2024 contempla, en concreto, investimentos na rehabilitación de seis edificios (Elduayen, 31; Ribeira do Berbés, 39; Subida ao Castelo, 9; Elduayen, 39-Ferrería 16; Hortas, 2-4 -San Sebastián, 20 e Rúa Alta, 8-14) o que permitirá crear un total de 22 novas vivendas na zona.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58