PROVINCIA
A Deputación analiza o estado actual das mobilidades internacionais de estudantes de FP
O vicepresidente Rafa Domínguez presidiu a xuntanza, na que lembrou o “absoluto compromiso” do goberno provincial con estes “importantes” plans. “Trátase –engadiu- dunha firme aposta, que conta este ano cun orzamento de 1,4 millóns €”
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, presidiu esta semana no Pazo provincial a reunión cos centros educativos de FP da provincia que forman parte do consorcio de mobilidade dentro do proxecto Erasmus+ 2023, na que se analizou o peche e resultados alcanzados co proxecto Practicum Depo 2021, o estado de situación do proxecto Erasmus+ 2022 e a aprobación e inicio do Erasmus+ 2023. Ademais, durante o encontro tamén se efectuou o reparto das mobilidades dos docentes.
O vicepresidente aproveitou a xuntanza para lembrar que a Deputación está “moi ligada á educación” e que ten un “absoluto compromiso con estes plans. Cremos que son moi importantes e é unha firme aposta, que este ano conta cun orzamento de 1,4 millóns de euros”. Da mesma maneira, lembrou que o Erasmus+ permite que os estudantes “poidan ter grandes experiencias. E penso que é unha bagaxe transcendental, non só desde o punto de vista académico, tamén desde o vital. Poden coñecer, analizar e vivir experiencias que lles van marcar para ben”. Por iso, Rafa Domínguez agradeceu o compromiso dos membros do consorcio por ser “nexo de unión entre a Deputación e o alumnado”.
A Deputación lanza cada ano unha convocatoria coa finalidade de acadar a adhesión de centros de Formación Profesional da provincia para conformar un consorcio e presentar de forma conxunta unha solicitude de proxecto nas convocatorias do Programa Erasmus+. Actualmente, este consorcio está formado por 40 centros educativos pertencentes a 24 concellos: A Cañiza, A Estrada, As Neves, Caldas de Reis, Cambados, Cangas, Gondomar, A Illa de Arousa, Lalín (2), Marín, Moaña, O Porriño, Poio, Ponteareas, Pontevedra (6), Redondela (3), Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Tomiño, Tui, Vigo (9), Vila de Cruces e Vilagarcía de Arousa.
Os centros que forman parte do consorcio impulsado pola Deputación poden ofrecer aos seus estudantes recentemente titulados de Formación Profesional a posibilidade de realizar un período de prácticas en empresas e institucións situadas en distintos países da Unión Europea a través das mobilidades Erasmus+. O propósito destas prácticas é que os mozos da provincia adquiran experiencia laboral, melloren o seu perfil profesional, adquiran novos coñecementos relacionados coa súa profesión, e en consecuencia, melloren as súas perspectivas de emprego.
En concreto, en agosto deste ano rematou o Practicum Depo 2021, que contou cun orzamento de 911.000 euros e permitiu que 95 alumnos realizasen mobilidades de longa duración, 12 de curta duración e que 6 profesores realizasen mobilidades de formación. O país que máis alumnos recibiu deste proxecto foi Italia, seguido de Portugal, se ben tamén houbo mobilidades que tiveron como destino Malta, Francia, República Checa, Irlanda, Finlandia e Alemaña.
Ademais, actualmente estase desenvolvendo o proxecto Erasmus+ 2022, o cal xa acadou unha execución orzamentaria próxima ao 80%, se ben aínda existen fondos para que se poidan realizar máis mobilidades. Por último, o Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) acaba de conceder á Deputación unha axuda para a realización do seu proxecto Erasmus+ 2023 por importe de 1.182.155 euros, que se completará con 200.000 euros de fondos propios da Deputación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163