Jueves, 20 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 26 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Máis de 200 ciclistas disputarán este sábado o VI Trofeo Ciclocros

A proba organizada pola AD Avanza en colaboración co Concello do Porriño disputarase na contorna das pistas municipais de atletismo

O Porriño acollerá este sábado unha nova edición do Trofeo Ciclocrós Avanza Concello do Porriño organizado por Avanza AD en colaboración co Concello do Porriño.


Na que será a sexta edición desta proba deportiva daranse cita máis de 215 ciclistas das diferentes categorías, entre os que concurrirán figuras locais do ciclismo. Como na pasada edición, realizarase unha proba de promoción, aberta para a categoría infantil, nados no 2010 e 2011.


Desta vez o escenario será a contorna das pistas municipais de atletismo, no polígono industrial da Granxa, onde se habilitará un circuíto de 2,8 km.


“Un percorrido de ciclocros moi clásico que non vai defraudar , con zonas para todos os gustos, dende as máis rápidas onde abrir gas ata outras máis retorcidas e resbaladiza”, indicaron dende Avanza, “Pero sobre todo o que garantizamos é ciclocros en estado puro con moita auga e barro para disfrutar a tope”.


Pola súa banda o alcalde, Alejandro Lorenzo, quixo agradecer aos organizadores  non só a organización dun evento deste nivel, senón o traballo que desenvolven durante o ano na súa escola de ciclismo “onde moitos nenos e nenas descubren a súa vocación e medran como persoas e como deportistas”.


A proba dará comezo ás 11:30 h coas categorías infantís masculino e feminino. A seguinte manga será ás 12 h cos cadetes, 12:45 h Féminas Cadete, Féminas Master, Feminas Élite, Sub 23 e Junior, ás 13:30 h pechan a mañá as categorías Elite-Sub 23 e Junior. Xa pola tarde retómase a carreira ás 15:45 h con Máster 30/50/60 e ás 16:40 h Master 40.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.