TURISMO
A Xunta impulsará en 2024 o turismo termal con axudas para reforzar a oferta
O director de Turismo de Galicia e o delegado territorial da Xunta en Ourense participan na inaugración do 74º Congreso Internacional de Hidroterapia
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, salientou hoxe o papel que a Xunta de Galicia outorgará en 2024 ao turismo termal, coa posta en marcha de axudas específicas que reforzarán a oferta e as infraestruturas.
Xosé Merelles fixo estas declaracións na inauguración do 74º Congreso Internacional da Federación Mundial de Hidroterapia e Climatoteria que se está a celebrar en Ourense e que contou coa presenza do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.
Como explicou, esta medida enmárcase no Plan de Sustentabilidade Turística en Destino Vilas Termais e Cascos históricos que se executará a partir de 2024 ao abeiro dos fondos europeos Next Generation. “Na convocatoria dos fondos europeos o Goberno galego escolleu como área de traballo para o próximo ano o termalismo moi conscientes do seu potencial e as posibilidades de futuro e de impulso para as economías locais”.
Deste xeito, como explicou, esta medida dá continuidade ao traballo emprendido nos últimos anos para poñer aproveitar a capacidade desdestacionalizadora do termalismo “un dos obxectivos do noso modelo turístico”, cunha oferta, engadiu, que supón o 20% de toda España e que ofrece preto de 3.000 prazas de aloxamento. “Un aloxamento termal que, ademais, destaca pola súa calidade, porque Galicia ocupa a primeira posición de España en canto ao número de balnearios don Q de Calidade”, expresou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101