Martes, 27 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 27 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
O ROSAL

O Concello rexeita as informacións "falsas" en relación a unha suposta débeda que non existe

O Concello do Rosal desminte a información falsa difundida en nota de prensa no día de onte polo Partido Popular do Rosal, referente a unha suposta débeda que non existe, e rexeita enerxicamente o que parece estar converténdose en estratexia habitual pola súa parte: mentir ás veciñas e veciños.


Estar en contra das iniciativas promovidas polo equipo de goberno non xustifica utilizar a mentira e o engano para tratar de erosionar a imaxe e reputación da institución, que é un ben de todas e todos. Por isto, o goberno do Concello volve a verse na obriga de defender a verdade fronte ás rosaleiras e rosaleiros, desmentindo a suposta débeda á que fai mención a nota de prensa de onte.  Tal e como reflicten todos os indicadores económicos, o Concello goza de estabilidade e dunha boa saúde económica.


O Concello do Rosal reitera o seu compromiso coa transparencia e a correcta xestión dos asuntos públicos, proporcionando información veraz e actualizada sobre este e outros temas de interese municipal en calquera momento.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.