MOS
Mos fomenta a autonomía das persoas con demencia
Os obradoiros contan con subvención autonómica e impartiranse nas antigas instalacións de ASODIFISI
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, informaron da vindeira celebración de talleres de estimulación do servizo de Dependencia de Mos orientados á prevención e mantemento da autonomía persoal.
Os destinatarios desta iniciativa son persoas con diagnóstico de demencia e usuarias do servizo de Dependencia en Graos I e II.
Os obxectivos destes talleres son ralentizar o deterioro que implican as pérdidas de memoria, prever o illamento social da persoa maior ou doente, proporcionarlles un tempo de respiro aos coidadores e/ou familia, manter e fomentar a independencia da persoa maior no seu círculo social e familiar e retardar un avance do deterioro da memoria.
Impartiranse 3 días á semana en horario de 16:00 h a 19:00 h nas instalacións das Escolas Unitarias da Comunidade de Montes de Torroso (antigas dependencias de ASODIFISI).
Están subvencionados pola Xunta de Galicia e impartidos por psicólogos, terapeutas ocupacionais e técnicos CAFD para a estimulación cognitiva, funcional e física de AFAGA, Asociación de Familiares con Alzheimer de Galicia.
Para obter máis información sobre os mesmos as persoas interesadas poden dirixirse ao departamento de Política Social de Mos – Multiusos das Pozas – teléfono 986 33 72 78 ou a AFAGA, Asociación de Familiares con Alzheimer de Galicia – teléfono 671 611 894.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136