Viernes, 10 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 16:59:08 horas

Xornal21.es
Domingo, 29 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Programa SmartPeme da Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas

Os obradoiros, que se desenvolven de xeito telemático, céntranse en ciberseguridade, melloras de reserva para empresas turísticas e en promoción de negocio a través de Google

A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta tres novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros que se celebrarán de xeito telemático. As actividades desta semana abordarán temas relacionados coa ciberseguridade, as melloras de reserva para empresas turísticas e a promoción de negocio a través de Google.

 

A primeira das xornadas comeza este luns, 30 de outubro, entre as 10:30 a 11:30 horas, co taller “Ciberseguridade, antivirus e actualización do software” no que se afondará na necesidade de dispoñer de software actualizado para corrixir vulnerabilidades e ade empregar un antivirus. Manuel Freire, experto universitario en robótica, programación e impresión 3D dirixirá este curso.

 

O martes 31 terán cabida dous obradoiros. De 12:00 a 13:00 impartirase o taller “Promociona o teu negocio co perfil de empresa de Google”, co obxectivo de dar a coñecer a ferramenta de Google, enfocada a negocios locais que busquen unha maior visibilidade. En concreto, trátase de amosar  o aproveitamento das posibilidades da xeolocalización e as procuras que a súa potencial clientela poidan facer empregando este buscador. Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual con experiencia na comunicación dixital será quen se encargue de impartir o obradoiro.

 

O martes, entre as 17:00 e as 18:00, terá lugar tamén o taller de “Estratexias para mellorar as reservas directas do teu aloxamento”, onde Patricia Cabaleiro, postgraduada en Turismo con dez anos de experiencia no sector turístico, explicará como reducir gastos como as comisións de comercialización a través das reservas directas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.