Viernes, 10 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 08:48:47 horas

Xornal21.es
Domingo, 29 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación destina 300.000€ para 70 entidades de Vigo e o sur da provincia

Os colectivos beneficiados financiarán, entre outros, programas de asistencia alimentaria e atención a familias en situación de risco de exclusión social, comedores sociais, clases de reforzo escolar ou proxectos de atención a persoas con problemas de saúde mental

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar achegas para setenta entidades de Vigo e outros dez concellos do sur da provincia que traballan no ámbito social, cun investimento que acada os 300.000 euros. Estas axudas, que recibirán colectivos radicados en Vigo, Crecente, Mos, Tui, A Guarda, Nigrán, Pazos de Borbén, Ponteareas, O Porriño, Redondela e Tomiño, servirán para financiar distintas actuacións que estes colectivos desenvolven para axudar a persoas en situación de desvantaxe ou vulnerabilidade social.

 

As contías destas achegas oscilan entre os 1.100 e os 5.723€ e permitirán a estes colectivos financiar, entre outras, actuacións de asistencia alimentaria e atención a familias en situación de risco, vivendas tuteladas, comedores sociais, clases de reforzo escolar, proxectos de integración para persoas xordas, de atención a persoas con problemas de saúde mental ou con enfermidades como a esclerose múltiple.  

 

A maior parte das entidades beneficiarias, un total de 54, levan a cabo a súa actividade en Vigo, onde recibirán financiamento da Deputación de Pontevedra Aldeas Infantiles SOS de Galicia de Vigo; Alento-Asociación de Daño Cerebral de Vigo; Apacaf; Asociación Nós Mesmas; Acción Solidaria Galicia (Asdegal); Asociación de Mulleres con Discapacidade Galicia; Diversidades; Asociación Gallega contra las Enfermedades Neuromusculares (ASEM Galicia); Asociación Gallega de Afectados por VIH/Sida; Asociación Gallega de Hemofilia; Asociación Autismo Vigo; Asociación Ayuda a Niños Oncológicos de Galicia; Asociación Centro Cultural Artístico e Recreativo Valladares; Asociación de Ayuda a la Vida (Ayuvi); Asociación de Padres Profesionales y Amigos de Personas con Discapacidad Intelectual Special Olympics Galicia; Asociación de Personas Sordas de Vigo; Asociación Dignidad Galicia; Doa Saúde Mental; Asociación Galega de Fibrose Quística; Asociación de Mulleres Pedra da Vella; Asociación Red Madre Pontevedra; Asociación Vida Digna; Asociación Viguesa de Esclerosis Múltiple de Pontevedra e a Asociación Xaruma.

 

Tamén contarán con subvencións a Asociación Juvenil Abertal; Asociación de Niños con Hiperactividad y Déficit de Atención (Anhida); a Asociación Párkinson de Vigo; a Asociación Asvidal; Aspanaex; Ategal; Bicos de Papel (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos Hospital Álvaro Cunqueiro); Emaús Fundación Social; Fademga Plena Inclusión Galicia; Fundación Integra para la Discapacidad Intelectual; Fundación Esplai Ciudadanía Comprometida; Fundación Aldaba; Fundación Amedis; Fundación Casa Caridad de Vigo; Fundación de la Santa Cruz; Fundación Faiben; Fundación Formavigo; Fundación Funditea; Fundación Igual Arte; Fundación Ingada; Fundación Juan Soñador; Fundación Menela; Fundación para la Pesca y el Marisqueo; Fundación Provincial Banco de Alimentos; Fundación Renal Íñigo Álvarez de Toledo; Grandes Amigos en Acción; Hogar y Clínica San Rafael; Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector; Misión del Silencio e Sociedad San Vicente de Paúl. Todas elas situadas tamén na cidade de Vigo.

 

Por outra banda, no concello de Redondela beneficiaranse destas achegas tres entidades: a Asociación Andaina de Persoas con Diversidade Funcional; a Asociación de Enfermos de Artrite Pontevedra e a Asociación Lenda de Saúde Mental. Tamén reciben subvencións provinciais dúas entidades da Guarda, Avelaíña e San Xerome Emiliani; dúas de Ponteareas, a Asociación de Persoas con Discapacidade das Comarcas do Condado e A Paradanta e Dar Más; dúas en Tomiño, SOS Tomiño-Baixo Miño e a Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade e dúas en Tui, a Asociación Galega de Residencias e Centros de Anciáns e a Congregación de Hermanas Franciscanas Hospitalarias.

 

Ademais, en Mos recibirá unha achega a Casa Santa María de la Esperanza Esclavas Virgen Dolorosa; en Nigrán, a Asociación Benéfica Social de Padres y Amigos la Esperanza del Valle Miñor; en Pazos de Borbén, a Asociación de Padres de Personas con Discapacidad Intelectual de Vigo (Aspavi); no Porriño, a Asociación de Apoyo a Personas con Diversidad Intelectual (ACEESCA) e, en Crecente, o Colegio Nuestra Señora de Fátima Esclavas de la Virgen Dolorosa.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.