OIA
O ciclo teatral da Deputación chega a Oia co espectáculo “Heinrich, aprendiz de mago”
A función terá lugar este martes 31 de outubro ás 17:30 horas no Centro Cultural de Mougás e está dirixida ao público infantil e familiar
O Centro Cultural de Mougás, no concello de Oia, será escenario este martes 31 de outubro da actuación de Simplemente Enricco, que porá en escena o espectáculo “Heinrich, aprendiz de mago”, no marco do ciclo “Tornar ás táboas”, co que a Deputación de Pontevedra está a espallar o teatro por toda a provincia neste último trimestre do ano. A función, dirixida para o público infantil e familiar, está prevista para as 17:30 horas.
Este espectáculo de maxia, teatro e circo, da autoría de Juan Enrique Hernanz Lazaro, quen tamén é o seu intérprete, amosa a historia dun mago peculiar, Heinrich, quen pese á súa aparencia é un desastre coa maxia. Case nunca lle saen os trucos ou nótase a trampa. Pero baixo este personaxe ocúltase un veterano malabarista e equilibrista que realizará arriscados números e nunha estrutura de funambulismo, ata logrará levitar. Nalgún momento do espectáculo, para sorpresa do protagonista, comezarán a suceder cousas misteriosas e inexplicables no escenario.
Co ciclo teatral “Tornar ás táboas” a Deputación de Pontevedra vai achegar entre outubro e decembro un total de 49 funcións gratuítas e dirixidas a todos os públicos a outros tantos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, coa participación de trinta compañías galegas que ofrecerán unha ampla variedade de espectáculos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.169