GALICIA
A Xunta pon en valor o Programa Retorna Cualifica Emprego
A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, clausurou o Foro Retorna Emprego da Asociación galega de empresa familiar (AGEF) onde lembrou que a iniciativa xa conta con medio millar de ofertas de emprego
A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, deu onte coñecer o programa Retorna Cualifica Emprego na clausura Foro Retorna Emprego da Asociación galega de empresa familiar (AGEF), onde puxo en valor esta iniciativa que atrae talento do exterior e achega a Galicia man de obra cualificada para atender ás necesidades do mercado de traballo.
O programa Retorna Cualifica Emprego, que promove a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, está a favorecer o regreso de galegas e galegos residentes no exterior, mediante un contrato de traballo na comunidade e plans personalizados de cualificación e empregabilidade.
Lado animou ás empresas a adherirse ao programa a través do que poden canalizarse ofertas de emprego que non se cobren por falta de candidaturas no Servizo de Emprego de Galicia, para ser cubertas por galegos no exterior.
Tal e como indicou Lado, xa hai ao redor de medio milleiro de ofertas de traballo dispoñibles, e máis dun cento de traballadores xa están contratados na nosa comunidade.
Retorna Cualifica Emprego forma parte da nova Estratexia Galicia Retorna 2023-26 (ERG2026), cun cento de medidas e 450 millóns de euros de orzamento, co obxectivo facilitar o regreso á súa terra de milleiros de galegos do exterior nos vindeiros exercicios.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149