Martes, 21 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 21 de Abril de 2026 a las 17:17:34 horas

Xornal21.es
Sábado, 04 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
TUI

Tui e Valença reivindican a importancia e historia do Camiño Portugués a Santiago

Será cunha peregrinación encabezada polos mandatarios dos dous municipios entre o 6 e o 11 de novembro. Poderán participar amais 36 persoas que se deberán inscribir á maior brevidade

A Eurocidade Tui-Valença reivindica a importancia e a historia do Camiño Portugués a Santiago e vaino facer a próxima semana entre o luns 6 e o sábado 11 de novembro cunha peregrinación até Santiago que estará encabezada polo presidente da Cámara de Valença, José Carpinteira, e polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.

 

Na mesma poderán participar amais 32 persoas, 16 persoas de Tui e outras 16 de Valença, que se no caso de Tui se deberán inscribir á maior brevidade na Oficina Municipal de Turismo ou no correo turismo@tui.gal. O prezo por participar será de 130 € por persoa incluíndo o aloxamento diario e o autobús de regreso á Eurocidade o sábado.

O almorzo, o xantar e a cea correrá por conta de cada participante.


No que levamos deste 2023 un total de 85.839 persoas realizaron o Camiño Portugués sendo os datos da Oficina do Peregrinos da Catedral de Santiago. Deste total máis da metade, 45.857 partiron da Eurocidade Tui-Valença, en concreto 32.005 fixérono de Tui e 13.852 de Valença.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.