Viernes, 10 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 20:07:06 horas

Xornal21.es
Lunes, 06 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación aproba achegas para 29 Escolas de Música da provincia

Con estas subvencións as entidades que xestionan estes centros poderán financiar gastos de funcionamento

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar as subvencións dirixidas ás asociacións e entidades que xestionan escolas de música na provincia. Son achegas, como explicou hoxe o presidente provincial, Luis López, que permiten “financiar os gastos de funcionamento destes centros, que desenvolven un labor esencial”. En total, concedéronse 29 achegas para outras tantas asociacións que suman un orzamento de 90.000 euros.

 

Coas axudas que acaba de aprobar o goberno da Deputación de Pontevedra financiaranse gastos de funcionamento de 29 escolas de música situadas en 21 concellos da provincia: Agolada (1), Barro (1), Cangas (1), Cerdedo-Cotobade (1), Gondomar (1), Lalín (2), Mos (1), As Neves (1), Ponteareas (2), Pontevedra (2), Redondela (1), Ribadumia (1), O Rosal (1), Salceda (1), Silleda (1), Soutomaior (1), Tomiño (1), Tui (1), Vigo (6), Vilaboa (1) e Vilanova de Arousa (1).

 

O presidente provincial informou que as subvencións concedéronse por concorrencia competitiva, tendo en conta, entre outras cuestións, o número de alumnos, o número de docentes, o orzamento de gastos da escola e as especialidades impartidas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.