GALICIA
Intelixencia Artificial nas oficinas de emprego para sincroniza oferta e demanda
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou en Pontevedra na presentación deste software que tamén emprega a analítica avanzada e que se está a probar -ademais- nas oficinas de emprego de Cambados e Ordes
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou fai uns días en Pontevedra no acto de presentación de EMi, a nova ferramenta tecnolóxica que se está a implantar nas oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia. Alí, puxo de relevo que este software -que tamén se está a probar nas oficinas de emprego de Cambados e Ordes- permite sincronizar oferta e demanda en tempo real grazas á intelixencia artificial e á analítica avanzada, dotando ao Servizo dos recursos necesarios para que as empresas poidan localizar o mellor talento ao tempo que persoas que recorren a el conseguen avanzar e consolidar a súa traxectoria profesional.
Así, a través desta nova ferramenta trátase de identificar as necesidades do mercado de traballo en tempo real e de adaptar a formación e os itinerarios formativos a ditas necesidades, axustando de xeito áxil e de maneira máis efectiva os perfís coas candidaturas. En concreto, emprégase a business intelligence, o big data e a intelixencia artificial para optimizar os procesos de formación e colocación co gallo de xerar máis e mellor emprego en Galicia.
Entre outras funcionalidades, o sistema conta cun navegador competencial, cun emulador de ocupacións e cun recomendador de formacións, co propósito final de brindar aos usuarios unha atención áxil, personalizada e efectiva cun perfilado e titorización individualizados, con base nas necesidades reais das empresas.
A conselleira destacou que a modernización do Servizo Público de Emprego de Galicia seguirá a ser unha prioridade para a Xunta, con 8,5 millóns de euros de investimento en 2024. Deles, 1,3 millóns destinaranse a consolidar a ferramenta EMi, avanzando na intelixencia artificial e na aprendizaxe automática para a xestión das políticas activas de emprego.
Así mesmo, continuarase coa renovación das oficinas de emprego, con investimento en equipamento, obras e novas infraestruturas por un importe de 1,7 millóns de euros. Nesa liña, cabe mencionar as novas oficinas de emprego que haberá en Cangas, Ponteareas e Vigo-Calvario. Cómpre destacar tamén os 5,5 millóns dirixidos ao reforzo do servizo de orientación laboral e prospección empresarial, ao que se veñen de incorporar 136 orientadores laborais e prospectores empresariais.
A maiores, cabe engadir que se continuará tamén co programa de seguimento intensivo da demanda de emprego, para axudar e apoiar de xeito máis personalizado a aquelas persoas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia que presentan dificultades para atopar un traballo, co obxectivo de integralas o antes posible no mercado. Así, búscase outorgar ás persoas demandantes información completa e explicarlles de xeito individual os recursos que lles ofrece o Servizo público coa finalidade última da mellorar a súa empregabilidade, como o establecemento ou modificación do seu plan de traballo personalizado ou itinerario de inserción.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149