Sábado, 06 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 05 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Mos subvenciona a actividade extraescolar de inglés a 200 alumnos

A alcaldesa Nidia Arévalo e a concelleira Julia Loureiro informan de que a partida do orzamento municipal para 2024 adicada a actividades extraescolares duplícase

O Concello de Mos desenvolve a segunda edición da actividade extraescolar de inglés para o alumnado mosense, tras o éxito da primeira que tivo lugar durante o curso pasado.

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación, Julia Loureiro, informaron do inicio da iniciativa e salientaron que no orzamento municipal para o vindeiro ano 2024 aprobado hai uns días en Pleno increméntase a partida xeral destinada a Educación, chegando aos 536.750,87 euros. E dentro dela a dotación económica de actividades extraescolares duplícase.

 

A actividade extraescolar de Inglés organízase para a obtención do Trinity por parte dos escolares que a cursen e está subvencionada polo Concello. Trátase dun programa municipal organizado en colaboración coas ANPAs.

 

Nestes intres atópanse xa inscritos un total de 190 escolares: No CEIP Atín-Cela 37 alumnos/as, no CEIP Petelos 26 alumnos/as, no CEIP Mestre Martínez Alonso 55 alumnos/as, no CEIP Pena de Francia 33 alumnos/as e no CEIP Mestre Valverde Mayo 39 alumnos/as.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.