Sábado, 06 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 06 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
Mos

A meteoroloxía non freou o domingo micolóxico en Mos

As tapas elaboradas por 6 hostaleiros mosenses, 4 delas veganas, o micromercado con produtos de D.O. e o gran concerto do grupo valdeorrés, O Son do Sil, animaron e mantiveron o ambiente festivo durante toda a xornada de clausura da XIX Edición das Xornadas Micolóxicas e Forestais de Mos.

Onte celebrouse no Pazo de Mos a clausura das XIX Xornadas Micolóxicas e Forestais do Concello de Mos mediante unha xornada de degustación, micromercado, música e espectáculo infantil celebrada na contorna do Pazo de Mos. Ata ela achegouse o Director Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Silvestre José Balseiros, xa que estas xornadas contan co apoio e colaboración da Dirección Xeral de da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra.

 

No acto de onte a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Medio Ambiente, Laura Méndez, destacaron “o gran labor promotor e organizador que realiza nestas xornadas a Comunidade de Montes de Mos xunto co Concello de Mos e a importancia da colaboración institucional de entidades tanto públicas como privadas para que estas exitosas xornadas leven celebrándose durante case dúas décadas. Xa que nelas conflúe a participación tanto de administracións públicas como hostaleiros, a Asociación BARES Mos, Fundación Pazo de Mos…”

 

[Img #84953]

Os hostaleiros participantes nesta 19 edición son Pazo de Mos, Adega da Tía Carmen, Baxiña, Curuxeira, Bocadiño e Maceira. Nesta ocasión incorporouse unha interesante novidade que é a inclusión de 4 pratos veganos entre a oferta de tapas a degustar: “burguer vegana de setas”, “caldo das bruxas”, “setas á feira” con shiitake e alga nori e “potaxe de garbanzos con setas”.

 

Ata esta gran degustación celebrada na contorna do Pazo de Mos achegouse o Director Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería de Medio Rural, Silvestre José Balseiros Guinarte, xa que esta décimo novena edición conta co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación Pontevedra.

 

O programa de actividades comezou o 30 de outubro coa primeira das charlas formativas que se desenvolveron ao longo de toda unha semana.

 

A tan popular e esperada gran xornada de degustación de cogomelos e VI micromercado con produtos con Denominación de Orixe nos exteriores do Pazo de Mos contou onte coa participación de 6 establecementos cun prezo único por tapa de 6 euros.

 

O Pazo de Mos serviu caldo de setas denominado caldo das bruxas (tapa vegana). Maceira serviu burguer de setas (tapa vegana). A Adega da Tía Carmen serviu empanada de pan de millo e trigo de setas e castañas, e croquetas de setas, millo e castañas. Curuxeira serviu espaguetis con salsa de nata, espinacas e setas, tortilla de patacas de setas e xamón; e tiramisú de trufa. O Bocadiño serviu un variado de setas e champiñóns con garbanzos (tapa vegana), e tostas con nata, bacon e variado de setas. E Baxiña: croquetas de setas shiitake con bechamel e queixo, e setas á feira (tapa vegana a base de seta shiitake, pataca, sal marina e alga nori, espolvoreadas con pementón).

 

Ademáis todos estes pratos poderán probarse nos establecementos de cada un destes hosteleiros durante todo o mes de novembro.

 

A gran degustación de onte contou cun gran e exitoso concerto do grupo de O Barco de Valdeorras, O Son do Sil, e unha actividade infantil ás 16.30 horas da man de Raquel Queizás baixo o título “Romarías: Contos e lendas da nosa terra”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.