PROVINCIA
A Deputación destinará no 2024 máis de 5,6 millóns de euros ao impulso do turismo
Cuadriplícase o investimento para difundir “Rías Baixas” e destínanse 100.000 euros máis á campaña anual e ás actividades de workshops tralo éxito de Alacante e Barcelona. O novo Plan Estratéxico de Turismo contará cunha asignación de 75.000 euros
Compartir con todo o mundo que “Pontevedra é desfrutar” será a máxima do goberno provincial de Luis López no 2024. Deste xeito, a Deputación de Pontevedra destinará o vindeiro ano máis de 5,6 millóns de euros ao impulso do turismo na provincia, un incremento de preto do 2% respecto ao 2023 que supón unha suba real de máis dun millón de euros con respecto a este ano, xa que finalizan proxectos turísticos financiados con fondos europeos.
Promoción e difusión
Para poder divulgar e dar a coñecer os atractivos turísticos do destino Rías Baixas a institución provincial realizará unha intensa actividade de promoción e difusión no 2024 á que destinará preto de 1,2 millóns de euros o que supón un incremento do 37% con respecto a este ano. Os gastos de promoción do destino “Rías Baixas”, en xeral, cuadriplícanse pasando dos 75.000 euros aos 300.000 euros no 2024, e destínanse 100.000 euros máis á campaña anual turística e ás actividades de workshops, pasando dos 170.000 euros aos 275.000, tralo éxito das últimas actividades desenvolvidas en Alacante e Barcelona. Tamén se achegarán preto de 75.000 euros á realización do novo Plan Estratéxico de Turismo para a provincia.
Neste ámbito da promoción e divulgación destaca tamén o forte incremento, de ata o 66%, na promoción do Castelo de Soutomaior e a partida destinada a dar a coñecer o Castelo de Sobroso, que se duplica con respecto ao ano 2023. Destacable tamén o que respecta á promoción de CastroDeza e do Pazo de Liñares, en Lalín, que non tiñan recursos dispoñibles no 2023 e no 2024 contarán con 18.000 euros. Igualmente, o proxecto “Trazas de Pontevedra”, de promoción dos xacementos galaico-romanos da provincia que acaba de reactivar o goberno de Luis López, contará con 18.000 euros para a súa promoción no 2024, fronte aos 1.000 euros asignados este ano. Neste último caso, o goberno provincial tamén destinará 40.000 euros á organización de actividades culturais a carón destes elementos do patrimonio arqueolóxico e cultural de Pontevedra.
Apoio a entidades turísticas e aos concellos
O orzamento destinado a impulsar e apoiar actividades turísticas desenvolvidas por asociacións da provincia incrementarase no 2024 un 80%, pasando dos 100.000 euros deste ano aos 180.000 euros do vindeiro. Achegaranse 290.000 aos festivais Rías Baixas e tamén se incrementará nun 17% a partida destinada a apoiar entidades relacionadas co sector turístico da provincia como a Ruta do Viño Rías Baixas, o Clúster de Turismo de Galicia, a Asociación Española da Camelia ou o Consorcio de Empresarios Turísticos, que sumarán un investimento total de 56.000 euros no 2024. Ademais, a Deputación de Pontevedra achegará 280.000 euros aos concellos, para sufragar os custos de persoal de atención das oficinas de turismo da provincia e tamén recibirán 78.000 euros as festas de interese turístico nacional e internacional.
Mellora de infraestruturas e servizos
En canto ás infraestruturas e servizos prestados por Turismo Rías Baixas, o goberno de Luis López destinará unha partida de 200.000 euros ao novo contrato para a xestión da atención ao público e visitas no Castelo de Soutomaior, 156.000 euros ás obras da envolvente do Castelo de Sobroso e outros 40.000 á mellora no edificio do Palacete das Mendoza. Tamén se desenvolverá unha aplicación informática para xestionar as visitas aos castelos de Soutomaior e Sobroso, para a que se achegarán 29.000 euros no 2024. Pola súa banda, investiranse 50.000 euros no alumeado de Nadal do Castelo de Soutomaior e incrementarase as partidas destinadas a actividades culturais neste recinto en 15.000 euros, pasando dos 50.000 euros do 2023 aos 85.000 euros do 2024.
O orzamento máis alto da historia da Deputación
O orzamento total da Deputación de Pontevedra para o 2024 será o máis alto da súa historia, con máis de 189 M€ para avanzar no municipalismo e na transformación da provincia. Aumenta, con respecto ao 2023 un 4,2%, o que supón máis de 7,6 millóns de euros respecto a 2023, unha suba de 30 millóns comparado co ano 2019 e de 35 millóns respecto ao 2016, anos de inicio de mandato do goberno anterior.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103