GALICIA
O Instituto Galego da Vivenda e Solo incrementa o seu orzamento ata os 178 m€
O director xeral do IGVS compareceu no Parlamento para presentar as contas do seu departamento e da empresa pública Xestur para o ano 2024
O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), organismo dependente da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e sobre o que recae o impulso ás políticas no eido da vivenda en Galicia, disporá o próximo ano dun orzamento de case 178 millóns de euros, o que supón un incremento do 26% respecto á contía de 2023.
Así o explicou onte o director xeral do IGVS, Heriberto García, durante a súa comparecencia na Comisión 3ª de orzamentos do Parlamento para presentar as contas para 2024 do seu departamento, da empresa pública Xestur (que contará con 35,1 M€) e do Consorcio Casco Vello de Vigo (1,8 M€).
Serán en total 215 millóns de euros, tal e como explicou, para desenvolver políticas e actuacións en materia de vivenda e solo empresarial en Galicia e cuxo incremento atribuíu fundamentalmente a dúas razóns: o bo nivel de execución na Comunidade dos fondos europeos procedentes do programa NextGenerationUE e o “esforzo” realizado pola Xunta para cofinanciar con fondos propios estes e outros programas neste eido.
Neste sentido, o director do IGVS cifrou en 7,6 M€ o aumento das achegas por parte do Goberno galego e en 42 M€ o da UE, polo que contrapuxo ambos incrementos coa diminución en case 13 M€ dos fondos do Goberno central a Galicia para 2024.
Tras sinalar que a dispoñibilidade de fondos europeos en materia de vivenda prevista nos orzamentos de 2024 “non é algo casual”, García salientou que Galicia foi unha das poucas comunidades en lograr un alto cumprimento dos fitos marcados pola UE para acceder a novas reparticións nas vindeiras anualidades.
É máis, segundo explicou ante a comisión, só a Xunta e o Goberno vasco están en disposición nestes momentos de reclamarlle ao Estado a transferencia dos fondos europeos correspondentes a 2024, algo que polo momento non puido facer, dixo, porque o Ministerio aínda non liberou as partidas necesarias para facer unha nova distribución, expresando a súa inquedanza ante un atraso que pode dificultar a súa execución.
Na mesma liña, o director do IGVS lamentou que os anuncios do Goberno central en materia de vivenda dos últimos meses tan só se traduciron, na práctica, nunha lei “que invade competencias” das comunidades, nunha minoración dos fondos estatais destinados a estas políticas e na exclusión de Galicia do novo Programa Viena da Sareb para poñer á disposición dos promotores solo para construír vivenda en alugueiro.
1 de cada 2 € para facilitar o acceso á vivenda
En canto á análise pormenorizada dos orzamentos do seu departamento, Heriberto García sinalou que se destinarán máis de 73,85 M€ a facilitar o acceso a vivenda a través do impulso á construción pública e de diferentes incentivos económicos á compra e ao alugueiro, e outros case 95 M€ máis ás políticas e programas de rehabilitación.
No marco da Estratexia galega de vivenda pública e protexida 2023-2026 e continuando co Pacto social pola vivenda asinado en 2021, con case un 90% das medidas en execución, o acceso á vivenda concentrará 1 de cada 2 euros do orzamento do IGVS para 2024 destacando, particularmente, o impulso ás novas promocións públicas.
En concreto, avanzou que nas contas de 2024 se triplican os fondos para promover novas vivendas públicas nas cidades, pasando de 10,5 a 32 M€, o que permitirá licitar ou construír 737 novas VPP co seguinte detalle: 206 en Vigo; 204 en Lugo; 98 na Coruña, 76 en Pontevedra; 70 en Ourense, 56 en Santiago; e 27 en Ferrol. Ademais, en materia de solo residencial, destacou os 8,1 M€ para a urbanización de San Paio de Navia.
Máis alá das actuacións directas do IGVS, a Xunta manterá a súa política de incentivos e axudas directas ao arrendamento e á compra para facilitar o acceso á vivenda habitual. Neste apartado cómpre destacar os 8,2 M€ destinados á liña de subvencións para promover aloxamentos temporais en alugueiro tipo cohousing.
Para apoiar á cidadanía na compra da vivenda habitual, haberá un ano máis axudas para adquirir vivendas protexidas (1,05 M€), para que a mocidade se asente en municipios de menos de 10.000 habitantes (1,9 M€) e para comprar en centros históricos (0,5 M€).
Ademais, a Xunta seguirá concedendo avais públicos a menores de 36 anos para facilitarlles o acceso a unha hipoteca sobre a súa primeira vivenda en propiedade. E para facilitar o acceso e mantemento do seu fogar ás persoas vulnerables, García indicou que, por quinto ano consecutivo, o seu departamento asumirá o pago do 100% do arrendamento dos beneficiarios do Bono de alugueiro social, ao que se reservan 3 M€.
Rehabilitación residencial e eficiencia enerxética
No eido da rehabilitación residencial, o director do IGVS resaltou particularmente a aposta polas axudas para a mellora da eficiencia enerxética do parque residencial, aproveitando os fondos europeos. Por terceiro ano consecutivo a Xunta convocará programas de subvencións dirixidos a propietarios particulares e comunidades de veciños para financiar actuacións con este fin por un importe global de 55,7 M.
Tamén en materia de rehabilitación, reforzarase o apoio aos cidadáns para acometer obras orientadas a facer máis accesibles as súas vivendas, cunha partida de 5,2 M€ reservada ás axudas de accesibilidade. De igual xeito, manteranse o programa Rexurbe, con 5 M€ para 2024; as axudas para recuperar antigas vivendas de mestres e outros inmobles, con 2,1 M€; e o programa para comunidades de propietarios de vivendas protexidas disporá de 1,1 M€ para obras de reparación.
Solo industrial para asentar iniciativas empresariais
O orzamento destinado a consolidar Galicia como un territorio atractivo para o asentamento de empresas e a expansión das xa existentes medra ata os 45 millóns de euros. Esta contía permitirá executar actuacións en 22 parques empresariais, destacando os investimentos nas Gándaras (8,1 M€), San Cibrao das Viñas (4,5 M€), Plisan (3,9 M€), Morás (3,2 M€) e Lalín (3 M€), entre outros.
Con este orzamento, tamén se manterán as bonificacións e o esforzo por consolidar o papel da Xunta, a través da empresa pública Xestur e do IGVS, como o maior promotor de solo industrial de Galicia e o único que aplica rebaixas de ata o 50% sobre o prezo de venda de todo o seu solo, cun balance de máis de 3 millóns de metros cadrados adxudicados con bonificacións aplicadas por importe de máis de 86 M€.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149