Jueves, 23 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 23 de Abril de 2026 a las 09:32:09 horas

Xornal21.es
Miércoles, 08 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
GALICIA

Tomiño presenta á Xunta o seu polígono agroindustrial transfronteirizo

A alcaldesa, Sandra González, explicou de primeira man o proxecto á conselleira Ethel Vázquez

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantiveron esta semana en Pontevedra un encontro de traballo no que a rexedora tomiñesa explicou de primeira man á responsable da Xunta o proxecto do Polígono Agroindustrial Transfronteirizo.


O Concello aprobou por unanimidade en agosto o inicio da tramitación da modificación puntual do PXOM para crear o Parque Agroindustrial Transfronteirizo, que contempla a ordenación de case 650.000 m2 de solo empresarial, o que permite a ordenación de máis de 150.000 m2 para actividades empresariais existentes e a xeración de case 500.000 m2 de novo solo empresarial. O polígono estará situado en Figueiró preto da Ponte Internacional e cunha posición xeoestratéxica única no contexto da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.


O proxecto inclúe ademais unha importante vertente medioambiental, xa que se contempla o correcto dimensionamento das infraestruturas hidráulicas da zona e a mellora do sistema hídrico para recuperar as canles naturais dos regatos que foron pechadas, evitando así as inundacións periódicas que se padecen na actualidade nesta área.


O Parque Agroindustrial Transfronteirizo foi presentado nunha reunión o 9 de marzo de 2021 ao Vicepresidente da Xunta, Francisco Conde, e a Conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez. O proxecto foi incluído na manifestación de interese de proxectos que a Xunta enviou ao goberno central para execución cos fondos Next Generation. Foi presentado tamén a asociacións de empresarios da Eurorrexión e conta co apoio expreso da Cámara de Comercio de Tui, Confederación de Empresarios de Pontevedra e da Associação Empresarial de Viana do Castelo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.