VIGO
O Colexio de Arquitectos de Galicia en Vigo aplaude o traballo de recuperación do Casco Vello
A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, mantivo recentemente unha xuntanza coa directiva do COAG reelexida nas eleccións do pasado mes de maio
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo e prepresidenta do Consorcio Casco Vello, Ana Ortiz, mantivo este mércores unha reunión na sede do Colexio de Arquitectos de Galicia en Vigo (COAG) coa directiva reelexida. No encontro estiveron presentes o presidente da delegación viguesa, Manuel Martínez Carazo, así como a tesoreira, Sonia María Alvarado Peitieiros, e a secretaria, Ana Pérez Roy.
Durante a xuntanza, a representante autonómica coñeceu ao equipo directivo que continúa traballando tras as eleccións do pasado mes de maio. O presidente trasladou a Ana Ortiz as felicitacións polo traballo de recuperación que está a levar a cabo a Xunta no Casco Vello da cidade e ofreceu calquera tipo de colaboración técnica que precise o Goberno galego para continuar na rehabilitación do barrio histórico.
O Colexio de Arquitectos de Galicia xa distinguiu varias edificacións construídas no casco histórico vigués, como as rehabilitacións de Subida a Castelo e O Berbés. Nos premios COAG de 2022 tamén foi premiada a reforma da Cidade da Xustiza de Vigo levada a cabo polo arquitecto Alfonso Penela.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58