DEPORTES
O Bono Deporte entrará en vigor en xaneiro
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes compareceu esta semana no Parlamento de Galicia para valorar o impacto desta medida nas familias galegas
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, compareceu no Parlamento para dar resposta a unha pregunta sobre o impacto nas familias galegas da creación do Bono Deporte, a nova medida de apoio á práctica deportiva impulsada pola Xunta. Segundo sinalou Diego Calvo, tras o anuncio da iniciativa en setembro, o Goberno galego avanza na súa posta en marcha para que entre en vigor en xaneiro de 2024 e contribuír así a aliviar as familias de gastos nun contexto de inflación e incerteza.
Así, como primeiro paso, o Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria do procedemento para a selección da entidade colaboradora que participará na entrega e distribución das axudas. O seguinte paso será a aprobación o próximo mes da orde para que os establecementos comerciais ou entidades prestadoras do servizo podan adherirse ao programa.
Trátase de bonos de 120 euros cos que se poderá sufragar ata o 80% das compras de material e equipamento, a asistencia a clases ou a realización de actividades deportivas da rapazada de 6 a 16 anos con licenza federada ou inscrita no programa Xogade.
Dotada cun orzamento de 16,2 millóns de euros, a medida busca, por unha banda, impulsar a inclusión de hábitos saudables a través da actividade física nas xeracións máis novas e, por outra, proporcionarlles ás familias apoio económico fronte aos custos deportivos dos seus fillos e fillas. O vicepresidente primeiro indicou que se prevé beneficiar máis de 135.000 deportistas.
Diego Calvo enmarcou a medida no traballo que está a facer a Xunta a prol do deporte en Galicia, como motor de saúde e de benestar. Nesta liña referiuse ao incremento de case un 30% das licenzas federadas rexistrado en Galicia en 2022 con respecto ao ano anterior, como mostra da boa marcha da práctica deportiva.
O lanzamento do Bono Deporte enmárcase no compromiso da Xunta co deporte base e complementa outras medidas pioneiras en Galicia como o seguro gratuíto para participantes do programa Xogade, cun orzamento de 4,3 millóns ata 2024. Ademais, o orzamento récord de máis de 56 millóns de euros co que contará o deporte galego o vindeiro ano recolle 8 millóns de euros para apoiar o tecido asociativo e 17,5 millóns de euros para a creación e mellora de infraestruturas deportivas nas catro provincias galegas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58