Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 22:24:56 horas

Xornal21.es
Lunes, 13 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación destinará máis de 66 millóns de euros á Cooperación e Acción Comunitaria

Un terzo do orzamento total da institución provincial para o 2024 destinarase a modernizar os concellos e mellorar a atención á veciñanza. Son as contas do municipalismo, con 9,3 M€ máis para os concellos o vindeiro ano

Os orzamentos da Deputación de Pontevedra para o 2024 son as contas do municipalismo. Deste xeito, un terzo do orzamento total da institución provincial para o vindeiro ano destinarase directamente a modernizar os concellos e mellorar a atención á veciñanza, con 66 millóns de euros dirixidos á Cooperación e Acción Comunitaria que supoñen un 16,4% e 9,3M€ máis que este ano.  “Estas contas son un reflexo claro das nosas prioridades. Non só nos declaramos municipalistas. A colaboración e o apoio non é unha frase bonita, é un feito que se reflicte nestas contas”, asegurou Luis López na presentación do orzamentos para o próximo ano.

 

+Provincia
Unha das grandes partidas do servizo de Cooperación e Acción Comunitaria será para o Plan +Provincia que no 2024 estará dotado con 48,2 millóns de euros, a cifra máis alta da historia destes plans de investimentos da Deputación para os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. En liñas xerais, +Provincia medra un 9,5% con respecto a este ano, o que se traduce en 4,2 millóns de euros máis para o anteriormente coñecido como Plan Concellos que, ao longo dos seus oito anos de vixencia, soamente se incrementou en 4 millóns de euros (40 millóns no 2016, 44 millóns no 2023).

 

+Provincia contará con catro liñas de actuación. Así, xunto a investimentos, emprego e gasto corrente que xa contemplaba o Plan Concellos, haberá unha nova para que os concellos da provincia poidan redactar proxectos de futuro.

 

Pontevedra e Vigo
O apoio ás grandes cidades da provincia queda tamén garantido nos orzamentos da Deputación de Pontevedra para o 2024. Deste xeito, ambas cidades seguirán contando cun convenio específico para cada unha dotado con 7,5 millóns de euros. Unha cifra que poderá medrar a medida que se formulen proxectos de colaboración concretos.

 

Plan Provincia Comunitaria
A colaboración e proximidade coas demais administracións e co tecido asociativo da provincia caracterizará tamén a acción de goberno da Deputación no 2024. Para materializar este compromiso, o executivo provincial incluirá nos seus orzamentos o Plan Provincia Comunitaria dotado con máis de dous millóns de euros para apoiar o labor das asociacións dos concellos de Pontevedra.  

 

Haberá unha liña destinada ás comunidades regantes, o Plan+Aqua, que estará dotada con preto dun millón de euros para axudar nas tarefas de abastecemento e explotación responsable dos recursos hídricos da provincia.

 

Convenio coa Axencia Tributaria Galega
Outra das grandes novidades que afectan directamente aos concellos da provincia será o convenio coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA). O obxectivo deste convenio pioneiro non é outro que facilitar que os concellos poidan ingresar as débedas fiscais que ata agora eran imposibles de recadar.

 

O orzamento máis alto da historia da Deputación
O orzamento total da institución provincial para o 2024 será o máis alto da súa historia, con máis de 189 M€ para avanzar no municipalismo e na transformación da provincia.  Aumenta, con respecto ao 2023 un 4,2%, o que supón máis de 7,6 millóns de euros respecto a 2023, unha suba de 30 millóns comparado co ano 2019 e de 35 millóns respecto ao 2016, anos de inicio de mandato do goberno anterior.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.