VIGO
O investimento municipal ascende a 37,4 millóns de euros no 2024
O alcalde estima que o investimento municipal sumará máis de 100 millóns de euros dado que “esperamos incorporar 13,5 millóns de euros de fondos europeos” e, amais, o goberno local ten en execución “55 millóns de euros”
Abel Caballero deu conta esta semana do capítulo de investimentos do Orzamento municipal para 2024 que acada os 37,4 millóns de euros, un 9% máis ca o ano anterior, nun orzamento que “aumenta todo o gasto: social, de servizo e de forma moi importante os investimentos”.
Ademais, o Concello agarda “incorporar 13,5 millóns de euros de fondos europeos” superando así os 50 millóns de euros que, sumados aos 55 millóns de euros que se atopan en execución nestes momentos, superan a cifra de 100 millóns de euros en investimentos municipais para o exercicio 2024.
O rexedor valorou o incremento do investimento que permitirá “seguir transformando Vigo” e que contempla “máis gasto en política de benestar para que a xente viva mellor, máis deducións de impostos e un aumento moi importante no deporte, en medio ambiente...que significan calidade de vida”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58