PROVINCIA
A Deputación abre o prazo para a derradeira das rutas de “Voando nas Rías Baixas”
A última visita ornitolóxica desta sexta edición do programa, será o vindeiro domingo 26 de novembro pola Enseada de San Simón
A Deputación de Pontevedra abre este luns, 13 de novembro, en www.depo.gal,o prazo de inscrición para a derradeira das rutas ornitolóxicas programadas dentro da sexta edición de “Voando nas Rías Baixas”, a iniciativa organizada pola institución provincial en colaboración con SEO Birdlife para dar a coñecer a riqueza ornitolóxica da provincia e concienciar sobre a preservación de espazos naturais protexidos. A ruta, que se desenvolverá o 26 de novembro e para a que se ofertan 25 prazas gratuítas, permitirá coñecer as aves que habitan na Enseada de San Simón.
A Enseada de San Simón está situada no máis profundo da ría de Vigo. Nesta paisaxe intermareal a influencia das mareas propicia a invernada e o paso migratorio de aves acuáticas e mariñas, ademais de paseriformes dos contornos arbóreos, o que fai que sexa un espazo protexido pola Rede Natura 2000. Ademais do parrulo asubiador (que ten en San Simón un dos mellores lugares de invernada de Galicia), é posible observar outros anátidos atractivos. Resaltan tamén limícolas coma o bilurico das rochas, a píldora cincenta, o bilurico patirrubio e o claro, o pilro común e o tridáctilo, o mazarico real… e ardeidos coma a garza real, a garzota común, gaivotas varias, corvos mariños e paxariños coma o vistoso picapeixe.
A andaina estará conducida por dúas guías ornitolóxicas de SEO Birdlife. Como recomendacións para os participantes, aconséllase levar roupa cómoda e calzado apropiado para moverse polo terreo, así como protector solar. Cada participante terá á súa disposición prismáticos de observación de aves, así como dous telescopios terrestres de alta gama para poder desfrutar das aves sen molestalas. Tamén recibirán como material didáctico unha guía de aves, así como unha lista de aves para que elaboren a súa lista durante a ruta. No caso daquelas persoas que dispoñan de prismáticos e guías de campo recoméndase que os leven, ao igual que unha pequena libreta para aprender a facer un caderno de campo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163