Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 13 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

En marcha as obras de ampliación da rede de saneamento en Mosende

Os traballos abarcan dous tramos emprazados na EP-2041 e conectarán á rede existente, o que permitirá nunha próxima fase dar conexión ao Torrón, en Pontellas

Xa están en marcha as obras de ampliación da rede de saneamento na parroquia de Mosende, unha obra enmarcada nun proxecto con máis de 70.000 euros de orzamento subvencionada polo Plan Concellos 22-23.


O proxecto abarca dous tramos de ampliación emprazados na EP-2041, conectando á rede de saneamento existente, o que permitirá nunha próxima fase dar conexión ao barrio do Torrón, en Pontellas. O mesmo inclúe un terceiro tramo en camiños de titularidade municipal na parroquia de Atios.


A nova rede proxectada extenderase 242 metros e permitirá a conexión varias vivendas á rede de saneamento de augas residuais.


O alcalde, Alejandro Lorenzo, apuntou que a acometida da rede  de saneamento son obxectivos prioritarios para o executivo e que baixo esta premisa seguirase avanzando de maneira planificada para acadar o saneamento integral. Neste sentido cabe lembrar que se están a elaborar os proxectos de toda a rede pendente, co fin de axilizar os trámites administrativos de cara a súa pronta execución.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.