VIGO
Ultraluz, a movida literaria e Culturgal, súmanse á oferta cultural da Deputación de Pontevedra na sede viguesa
A vicepresidenta primeira, Marta Fernández-Tapias, presentou esta semana as novas incorporacións á programación viguesa da institución provincial, con 22 nomes propios da cultura e 9 actuacións que manterán unha intensa actividade con entrada libre
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, presentou esta a nova aposta da Deputación de Pontevedra para a sede viguesa da institución provincial con tres programas que se suman á oferta cultural. Ultraluz, A Movida Literaria e Culturgal incorpóranse ao calendario dos vindeiros meses de novembro e decembro, con 22 nomes propios da cultura e 9 actuación que manterán unha intensa actividade na rúa Eduardo Chao do Casco Vello vigués con entrada libre.
A responsable provincial, quen compareceu ante os medios acompañada pola escritora Ledicia Costas, o director de Culturgal, Camilo Franco, e Pablo Vázquez en representación de A Movida, destacou que este ciclo é tan importante polo seu contido como polo fondo, pois recordou que un dos obxectivos irrenunciables da Deputación é o de recuperar para Vigo “o seu papel como referente cultural”.
Neste sentido, referendou o compromiso do Goberno provincial de exercer de catalizador dunha cidade que, dixo, “sendo berce da Movida dos anos 80, ten pendente recuperar a súa posición de liderado á fronte da vangarda cultural de España e facer valer a súa calidade artística e de dominio cultural”.
Segundo detallou, a proposta defínese polo “talento artístico e a diversidade” dunha aposta que, nas súas propias palabras, “non pretende ser un espectáculo de masas, senón dirixirse a todos os públicos cun deseño que transita entre a literatura, a poesía, a música, o debate ou a interpretación”.
Este ciclo iniciarase con A Movida Literaria, este xoves ás 19.30 horas. Inma López Silva, Francisco Castro, Mª Xosé Porteiro, Pedro Feijóo e Rexina Vega participarán na sede viguesa da Deputación provincial nun coloquio sobre novela negra e social. Co mesmo formato, o 29 de novembro será a quenda de Marcos Calveiro, Ledicia Costas, María Reimóndez e Manuel Esteban, que establecerán un diálogo sobre a literatura infantil e xuvenil, a partir das 19.30 horas.
Con ocasión desta presentación, Tapias aproveitou para felicitar novamente a A Movida con motivo do seu quinto aniversario. Media década de xornalismo cultural no que, dixo, “vos fixestes imprescindibles como prescriptores culturais de referencia na cidade”.
Sobre Ultraluz, sinalou que o tándem formado por Ledicia Costas, unha das escritoras galegas máis laureadas, traducidas e reeditadas, e Amaro Ferreiro, compositor de recoñecido prestixio e talento, “é unha aposta segura”. “Ambos os dous levarannos ao bosque de Ultraluz, nunha viaxe sensorial, unha experiencia artística exquisita que dá vida á obra de Ledicia, gañadora do XX Premio de Poesía Afundación”, anotou. Un espectáculo que terá lugar na sede viguesa da Deputación o 19 de decembro en Vigo, ás 20.00 horas, e ao día seguinte no Museo Provincial de Pontevedra.
Para terminar, o 23 e 24 de novembro, en tres sesións cada día ás 6, 7 y 8 da tarde, a sede de Eduardo Chao no Casco Vello vigués acollerá da man de Culturgal unha combinación perfecta entre literatura, poesía e música. A este respecto, a vicepresidenta primeira da Deputación incidiu en que “esta feira, escaparate das culturas galegas e de recoñecido prestixio, tiña que ter a súa réplica en Vigo”.
Así, na primeira xornada Alba Garrido e Iría Morgade charlarán sobre memoria histórica, ás que seguirán os recitais poéticos de Iolanda Zúñiga e Velpister, para rematar coa música de Catuxa. Ao día seguinte, catro Premios Xerais falarán de literatura, María Lado demostrará que “Non fai falta ler poesía”, e Leilía encargarase do peche deste Culturgal estendido con motivo da súa xira de despedida, “Voume, pero non me vou”.
“Dixemos que a Cultura ía ser unha pedra angular na xestión desta nova Deputación, e lonxe de ser unha simple declaración de intencións, este ciclo cultural que acabamos de presentar hoxe comeza a darlle forma”, sinalou a vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra. Antes insistiu en que “Vigo ten un potencial cultural inmenso, que hai que coidar, atender e mimar, porque ata agora non se facía”.
Nesta liña, Fernández-Tapias reiterou o seu compromiso de “traballar intensamente para devolver a cultura viguesa ao lugar que se merece, o que ocupaba nos anos 80”, ao que engadiu que “a cultura non debe ser unha cuestión de ideoloxía senón de vontade, toda por parte desta Deputación”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58