Viernes, 21 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 17 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
AS NEVES

Deputación achega medio millón para a transformación da praza de Santa María de Liñares, en As Neves

O presidente da Deputación de Pontevedra asinou o pasado mércores un convenio de colaboración, enmarcado no programa PON2030, co alcalde Jose Manuel Alfonso

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este pasado mércores no seu despacho do Pazo Provincial ao alcalde das Neves, Jose Manuel Alfonso, para asinar un convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030 (PON2030) a través do cal o goberno provincial financiará con máis de 475.000 euros, o 90 % do orzamento, os traballos para o acondicionamento integral da Praza de Santa María de Liñares. O Concello, pola súa banda, achega o 10 % restante (53.000 euros). Un proxecto que supón un novo exemplo do municipalismo que rexe a acción de goberno da Deputación, que neste caso transformará un dos centros neurálxicos da vida social das Neves.

 

 

A obra, valorada nun total de 530.000 euros, supón a transformación integral da praza coa que se uniformarán os espazos, priorizarase a mobilidade peonil e limitarase o tránsito de vehículos. A actuación centrarase principalmente en tres ámbitos: a contorna da igrexa, a contorna da fonte e a parada de autobús. Arredor do templo, crearase unha alameda con pavimento de xabre, plantaranse novas árbores, crearanse novos espazos de convivencia con elementos de mobiliario urbano e mellorarase o acceso aos principais edificios, como son a igrexa e o centro cultural. Na fonte, construirase un banco arredor do cal circulará a auga do manancial, plantaranse novas árbores e substituirase o pavimento actual por un de xabre. Na zona da parada do autobús, instalarase unha nova marquesiña e modificarase o viario para facilitar o xiro do autocar. En resumo, unha intervención integral e transformadora que dotará á veciñanza das Neves dun espazo actualizado con plataforma única na que os peóns e os ciclistas serán protagonistas, no que o asfalto cederá o seu espazo á zonas verdes e arboradas cunha iluminación axeitada e nas que haberá máis áreas de estancia para fomentar as relacións entre os veciños.

 

Segundo recolle o convenio, as obras deberán estar rematadas antes do 30 de abril de 2025. A sinatura deste protocolo entre Deputación e Concello de Meis realízase coa modificación das bases do programa PON2030 xa en vigor. Unha modificación que fai compatible a achega da Deputación coas subvencións doutras administracións sen que o montante concedido ao Concello polo goberno provincial se vexa reducido.

 

Un acordo subscrito entre a Deputación de Pontevedra e o Concello das Neves que fala de municipalismo, de autonomía aos alcaldes para que escollan que proxectos desenvolver e da colaboración entre institucións para a transformación dos concellos e da provincia para que sexan máis respectuosos cos peóns e co medio ambiente.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.33

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.