Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 08:48:59 horas

Xornal21.es
Sábado, 18 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta activa o Plan de vialidade invernal na provincia de Pontevedra

Conta con 89 profesionais e 400 toneladas de fundentes para garantir a seguridade e a mobilidade nas vías autonómicas ante as inclemencias do tempo

O plan, en servizo desde esta semana, mobiliza na provincia un dispositivo de 43 máquinas, entre camións, follas ou esparexedores de sal, para reforzar a seguridade viaria ante os episodios de xeo e neve

A Xunta activou  o Plan de vialidade invernal na provincia de Pontevedra, cun dispositivo de 89 profesionais e preto de 400 toneladas de fundentes para garantir a seguridade e a mobilidade nas estradas autonómicas ante as inclemencias do tempo.

 

 

Os 6 centros operativos na provincia e os medios para garantir a seguridade viaria nas estradas da Xunta ante as inclemencias meteorolóxicas propias desta época do ano permanecerán activados desde hoxe e ata o vindeiro 30 de abril.

 

O plan tamén inclúe na provincia de Pontevedra un dispositivo de 43 máquinas, entre elas, camións, pick-ups, retros, ademais de cuñas, follas, esparexedores de sal ou estendedores de salmoira.

 

Estes recursos permitirán o mantemento dos 1.280 km de estradas autonómicas na provincia para acadar condicións de seguridade viaria, especialmente nas épocas con episodios de climatoloxía adversa. Prestarase especial atención aos treitos que, por altitude, son máis susceptibles de incidencias por acumulación de neve ou placas de xeo.

 

O Goberno galego vén desenvolvendo todos os anos, entre o 1 de novembro e o 30 de abril, o Plan de vialidade invernal mediante un amplo despregue de medios materiais e humanos para facilitar a mobilidade nos 5.500 km de estradas da súa titularidade. Desde o 1 de novembro está activado xa este plan nas provincias de Lugo e de Ourense.

 

No conxunto de Galicia son, en total, 26 os centros operativos e 390 os profesionais que velarán pola seguridade das estradas da Xunta, con 80 vehículos e máis de 100 accesorios a disposición. Ademais, mobilízanse 5.400 toneladas de fundentes.


 
O obxectivo desta iniciativa é mellorar as condicións de circulación na rede de estradas da comunidade, que se poden ver dificultadas no inverno pola presenza de fortes choivas, a formación de placas de xeo ou a aparición de neve.


O Plan de vialidade invernal contén as medidas preventivas para anticiparse aos contratempos que se poidan producir, así como medidas paliativas para reforzar a seguridade viaria en situacións meteorolóxicas desfavorables. Ademais, establece protocolos de actuación, prevé a especial vixilancia das vías para detectar incidencias e a achega de información permanente aos usuarios, a través dos paneis informativos nas vías,  por internet, ou por medio do teléfono (coa colaboración do 112 ou da DXT) e con información nos medios de comunicación.

 

O dispositivo da Xunta supón activar os medios materiais e humanos precisos para vixiar e atender as 24 horas as incidencias que se poidan producir nas vías autonómicas por condicións climatolóxicas adversas e tratar de reducir as afeccións ao tráfico nas estradas.


A conservación das estradas é unha liña de acción prioritaria da Xunta, polo que os Orzamentos para 2024 manteñen o esforzo investidor, destinando 53 M€ á conservación, entre a vialidade invernal, a conservación ordinaria, ou o Plan de reforzos de firme, o que supón un incremento do 8%.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.