TURISMO
A Xunta achega 256.000 euros a 33 establecementos turísticos da área de Vigo
Ana Ortiz visitou esta semanao espazo gastronómico Juliana no que se instalou un novo programa de reservas e equipación informática
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitou nesta semana o espazo gastronómico La Juliana, un dos 33 establecementos da área viguesa incluídos na líña de axudas aprobada polo Goberno galego para a dixitalización de procesos das empresas do sector turístico.
A representante autonómica destacou a importancia do investimento realizado a través de Turismo de Galicia para favorecer a iniciativa dos empresarios a adaptar a súa forma de traballar e mellorar a súa produtividade. No caso do restaurante vigués, foron aprobadas axudas para un novo programa de reservas, ademais da xestión de redes sociais e a adquisición de novo equipo informático.
Ana Ortiz destacou que na área territorial de Vigo recibiron achegas un total de 33 establecementos turísiticos por un importe total de 256.632 euros. “As novas tecnoloxías contribúe á fortaleza turística de Galicia axudándonos a facer chegar a mensaxe de Galicia como destino de calidade”, sinalou a delegada.
Ademais da cidade de Vigo, tamén recibieron axudas empresas de Cangas, Nigrán, O Porriño, Salvaterra de Miño e Baiona. Na provincia de Pontevedra o montante chega ata o 1,5 millón de euros para un total de 95 establecementos, entre hoteis, axencias de viaxes, complexos de turismo rural, apartamentos turísticos, cámpings e restauración.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149