GALICIA
Fabiola García sinala que máis de 1200 maiores desfrutan en balnearios por toda Galicia
A conselleira de Política Social e Xuventude visitou esta semana os beneficiarios desta iniciativa no balneario Iberik de Guitiriz
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou esta semana aos beneficiarios da novena edición do programa Benestar en Balnearios da Xunta de Galicia que desfrutan da súa estadía no balneario Iberik de Guitiriz. Durante o encontro sinalou que mediante esta iniciativa máis de 1200 maiores de 60 anos contan con descontos para acudir a 15 establecementos repartidos por toda a xeografía galega durante os meses de outubro, novembro e decembro.
A conselleira destacou que o programa Benestar en Balnearios permite ofrecer uns días de descanso ás persoas maiores, para que coñezan Galicia e teñan tempo para coidarse así mesmos. Este programa conta cunha ampla traxectoria na nosa Comunidade e súmase a aqueles programas que o Goberno galego impulsa para unha nova xeración de maiores que entende a xubilación como un etapa para desfrutar, emprender novos proxectos, estudiar ou viaxar.
Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsará este ano o Carné +65, unha nova medida que —ao igual que o Carné xove para a mocidade— permitirá ofrecer descontos e vantaxes aos maiores galegos. En concreto, este carné permitirá que máis de 700.000 maiores galegos poidan viaxar gratis no transporte interurbano da Xunta, conten cun novo programa de viaxes nacionais e internacionais e se beneficien de descontos en comercios e establecementos.
Convenios coas universidades
Fabiola García tamén puxo en valor aquelas iniciativas que a Xunta impulsa para darlle as persoas maiores as ferramentas para seguir formándose. Como exemplo disto, citou as aulas senior e os convenios coas universidades galegas para ofrecer programas e cursos destinados ás persoas maiores e que poidan así seguir formándose ou saciar a súa curiosidade en distintas disciplinas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149